sábado. 15.03.2025
El tiempo

Por unha educación inclusiva aos alumnos con diversidade funcional

Por unha educación inclusiva aos alumnos con diversidade funcional
Por unha educacion inclusiva para Juan Domingo

Juan Domingo Fernández Blanco é de Carnota, e ten 44 anos pero unhas gañas de seguir aprendendo xigantes. Por iso, a pesar da súa diversidade funcional está estudiando 3º da ESA, a educación de adultos que se imparte no IES Fernando Blanco de Cee.

Ata aquí todo correcto. O problema chega cando as súas posibilidades de aprender menguan por mor da crise. Juan Domingo non esixe máis que os apoios recoñecidos ás persoas con diversidade funcional para poder manter o ritmo dos seus compañeiros. Pero, segundo denuncia, os recortes estanlle quitando esa posibilidade e por agora segue sen un profesor de apoio e sen un ordenador portátil, dúas ferramentas que poderían abrirlle moitas portas.

”Os que pagamos a crise somos os máis débiles”, valora Juan Domingo, que nos sinala que xa tivo unha reunión coa Inspección e mesmo co delegado provincial en materia de Educación, Indalecio Cabana, pero que as promesas e as boas palabras que lle dixo, quedaron, por agora, en nada.

En todo caso, dende o Instituto ceense xa fixeron todo o posible para que Juan Domingo teña un pouco máis de apoio. De feito, son 3 os alumnos con diversidade funcional no centro e os outros dous xa están na segunda fase de aprendizaxe asistido. I é que Juan Domingo non presentou as instancias oficiais para seguir o procedemento legal, e ademais non puido asistir ás clases de reforzo que lle ofreceu o Instituto, e que darían paso, sempre que se aproveiten, á segunda fase, a fase de adaptación curricular, na que se atopan os outros dous compañeiros con diversidade.
"Nós estaríamos encantados de que todos aos alumnos tiveran un portátil, e nós estamos facendo todo o posible para que os alumnos con diversidade funcional teñan máis axuda. Por iso estamos facendo o posible para que Juan Domingo, para o ano, siga os procedementos legais e oficiais para recibir a atención necesaria", sinalan dende o Fernando Blanco.

Segue pois Juan Domingo buscando os seus dereitos, e estes días sacou unha campaña de colleita de sinaturas online para intentar que dende a Xunta escoiten as súas xustas peticións. Necesita a túa axuda para seguir rompendo barreiras, para abrir as súas portas.

Asina por unha educación inclusiva: Change.org.

Fonte

Comentarios