Preparando unha nova carreira polo areal máis extenso de Galicia


Xa está aberto o prazo de inscrición para a XXI Carreira das Areas do Concello de Carnota, que se celebrará na praia carnotá o sábado 18 de agosto. A carreira popular na praia de Carnota é un evento deportivo único no que os participantes, mentres corren os 10 km de percorrido, poden gozar dunha das paisaxes máis fermosas de toda a comunidade galega, o areal máis extenso de toda Galicia.
Este ano ampliouse o percorrido e a saída (ás 10:00h) e a meta situaranse na Casa do Concello. Despois da carreira, entregaránselles aos gañadores os trofeos correspondentes, de cerámica orixinal e exclusiva de Nacho Porto, artista deste concello, e recompensarase a todos os participantes con roscón, bebidas e outros obsequios.
Así, animamos a todos os deportistas a que participen nesta nova edición da Carreira das Areas. E o poden facer nas seguintes Categorías:
- Benxamíns: 8-10 anos 2002/2004 percorrido de 3 km.
- Alevíns: 11-13 anos 1999/2001 percorrido de 3 km.
- Cadetes: 14/17 anos 1995/1998 percorrido de10 km.
- Sénior A: 18-30 anos 1982/1994 percorrido de 10 km.
- Sénior B: 31-44 anos 1968/1981 percorrido de 10 km.
- Veteranos: 45-54 anos 1958/1967 percorrido de 10 km.
- Superveteranos: 55-..... 1957..... percorrido de 10 km.
Máis información e inscrición
A inscrición farase mediante a páxina web www.cronotec.es e terá un custo de 3€ para as categorías de cadete a superveteranos antes do 16 de agosto e de 5€ para as que se fagan despois desa data.
Novas relacionadas
- 2011: A Carreira das Areas triunfou un ano máis.
- O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- Beach Party Carnota: Nova cita electrónica da Axenda Sonora da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carnota da man de María Silva, Técnica de Deportes.