Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Carreira das Areas triunfou un ano máis

A Carreira das Areas triunfou un ano máis
Carnota acollía o pasado sábado, 20 de agosto, a tradicional Carreira das Areas, que este ano xa cumpría as dúas décadas. Atletas de distintas idades e categorías chegados dende diversas partes de Galicia, España e parte do estranxeiro déronse cita na praia de Carnota para compartir esforzo, percorrido e a ilusión de desfrutar dun espazo único. O percorrido foi de oito quilómetros para as categorías Cadete, Sénior A, Sénior B, Veteranos e Superveteranos, e dous quilómetros para as categorías Benxamín e Alevín. Madrugaron os participantes, xa que a saída dábase ás 10:30h na pasarela de Carnota. A dureza da proba e as súas dificultades estiveron recompensadas coa beleza da paisaxe, o entorno máxico e tamén con bens materiais, que viñeron máis que ben para coller folgos. Falamos dun exquisito roscón. Repartíronse obsequios entre todos os participantes e un trofeo para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías. Os trofeos, da cerámica local de Nacho Porto, foron entregados polo concelleiro de Cultura e Deportes do Concello carnotán, Iván Franco. Entre os participantes destacaron a boa organización do evento. Dende o equipo organizador amosáronse moi ledos xa que o número de participantes continúa a incrementarse ano a ano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios