Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota prepara unha manchea de actividades para o Nadal

Díptico coas actividades de Nadal en Carnota.
Díptico coas actividades de Nadal en Carnota.
Carnota prepara unha manchea de actividades para o Nadal

Dende o Concello de Carnota e dende distintas asociacións do municipio están a organizar un gran abano de actividades para o Nadal durante os meses de decembro e xaneiro:

  • 13 DECEMBRO: Malasombra Teatro con “Go on”. Obra teatral para público adolescente e adulto, dentro da programación cultural de outono, NOITES ESPECTACULARES. No salón de actos do Concello ás 21.00 h. 
  • 14 DECEMBRO: “Speed dating” en inglés para persoas adultas. No Pindo, na Morada da Moa, ás 19:00 h. (ACEP). Baile anos 60-70 ás 23.00h no Pindo. O Concello pon servizo de Microbús de ida e volta, con paradas dende Lariño, pero para o uso do bus hai que solicitar a praza na oficina de Cultura do Concello ou no Tel. 647459445 ata o día 11 de decembro. (ACEP) (PEDRAMAR) Revisa o baúl dos recordos e ven caracterizado dos 60-70... Terás recompensa!!!
  • 15 DECEMBRO: Andaina Saudable por Quilmas e O Pindo. Inscrición previa e máis información no Concello, nos departamentos de Cultura e Deportes e/ou Turismo.
  • 17 DECEMBRO: Entrega de premios do II Concurso de videofelicitacións de Nadal, ás 11:30 h, no salón de actos do Concello
  • 18 DECEMBRO: Concerto da Escola Municipal de Música no local de Vintepicopés, na Casa da Xesteira, en Carnota, ás 19:00 h.
  • 20 DECEMBRO: Obra teatral sobre a violencia de xénero para público adolescente-familiar. “Golpes” de aAntena. No salón de actos do Concello ás 21:00 h.
  • 21 DECEMBRO: Papás Noel moteiros percorrerán o noso concello. Saída dende as 14.30 h de Lira (Xouba), con destino Muros e logo Cee. Chegarán a Carnota á carpa de Nadal ás 17:00 h, onde haberá chocolatada para todos/as. Colectaranse alimentos para doazón. E tras a marcha dos moteiros, chega a Visita do Apalpador, que recibirá a rapazada a partir das 18:00 h e logo visitará os locais de restauración da zona de Carnota (ACEP e Asociación Moteros Amigos de Carnota). Karaoke para todos/as. Todas as persoas podemos demostrar o/a artista que levamos dentro. A partir das 23.00 h no Cuberto, en Carnota. (ACEP e ACDG Chan das Lamas). Afina a túa voz e practica a posta en escena, porque haberá premios!! Viaxe a Santiago en bus para ver o partido de baloncesto Obradorio - Fuenlabrada ás 20.30 h. Para rapazada de entre 9 e 17 anos . Inscrición previa ata o mércores 18, no Concello.
  • 23 DECEMBRO: Actividade de bádminton en Lamas de Castelo, de 11.30 ás 13.30 h; para rapazada de 7 a 14 anos. Inscrición previa no Concello.
  • 26 DECEMBRO: Xogos deportivos con Fernando, en Lamas de Castelo ás 11:30 h; para rapazada de 6 a 12 anos.
  • 27 DECEMBRO: Teatro “Lambetadas” con Talía Teatro. No salón de actos do Concello ás 11:30 h; para público infantil e familiar. Actuación dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
  • 29 DECEMBRO: Family time, actividades en inglés para familias na praia de Mallou. Inscrición previa no Tel. 677157233, a partir das 17.00 h (ACEP). Trivial de Nadal. Ven xogar ao Trivial coas túas amizades, familia, etc. e verás que xornada máis divertida. Na Morosa a partir das 20.00 h (ACEP).
  • 30 DECEMBRO: Maxia con Martín Camiña. Para todos os públicos. No salón de actos do Concello ás 11:30 h.
  • 1 XANEIRO: Chocolatada con churros de Aninovo. No Bar de Medes, San Mamede, ás 11:00 h da mañá, para comezar o ano do mellor xeito posible. (ACEP).
  • 2 XANEIRO: Excursión a Santiago de Compostela para patinar sobre xeo e sesión de cine cunha película para público familiar, aínda por determinar segundo a carteleira deses días. Sairemos dende o Concello de Carnota en bus ás 10:30 h e estaremos de volta sobre ás 19:30-20:00 h. Cada neno/a (de entre 6 e 16 anos) debe levar unhas luvas para a pista de xeo, a súa comida e a merenda. Inscrición previa no Concello ata o 11 de decembro. 
  • 3 XANEIRO: Obradoiro de Nadal con Infantilandia. No salón de actos do Concello ás 11:30 h e ata as 13:30 h. Para rapazada a partir de 4 anos. 
  • 4 XANEIRO: Limpeza de praia e inauguración da Escultura das Crebas. A partir das 12:00 h, na praia de Lariño. Acceso pola baixada que hai entre o parque infantil e o Riba da Cheda. (ACEP).
  • 5 XANEIRO: Dáte unha volta en tren cos Reis Magos pola túa parroquia!Un trenciño visitará as 5 parroquias coas Súas Maxestades, durante o día, e a rapazada poderá subir con eles e pasear pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. Terán tempo para falar con eles, recoller doces e saudar a familiares e veciños/as dende o tren. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:00 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 16.30 h) e CARNOTA (diante do Concello sobre as 18:00 h). Gran festa con animación e discoteca móbil, a partir das 5 da tarde, no Pavillón de Carnota. Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e nenas de Carnota. No Pindo, a partir das 19:30 h, chocolatada, recepción dos Reis Magos e ofrenda ao Neno na igrexa, (ACDR Pedramar).

Díptico coas actividades de Nadal en Carnota 2Díptico coas actividades de Nadal en Carnota.

Comentarios