Romaría nos Muíños de Caldebarcos

10:05 29/04/11

Este sábado, 30 de abril, dende as 10:00h Caldebarcos ponse de Romaría. De Romaría nos Muíños, prestando unha homenaxe ós Muíños e ás comidas que teñen que pasar polas súas rodas. Un monumento ás Chulas, ó Bolo Asmo, ós Bolos do Pote, e á Papas de Millo.
Unha cita que organiza a Comunidade de Montes e mais a Asociación de Veciños Xurde de Caldebarcos.
Programa
- 10:00 Recepción en Caldebarcos, diante do Supermercado de Cruces. Indicacións e información da xornada.
- 10:30 Inicio da Ruta guiada polo monte ata os Muíños. Con panorámicas de todo Carnota e do inmenso Pedregal, futuro Parque Natural (Monte Pindo). Camiñamos por terras Rede Natura 2000.
- 14:00 Chegada da expedición ós Muíños. Recepción dos heroes e das heroínas. Comeremos do que dan os Muíños. Todos comemos do de todos.
- 15:30 Pregón de benvida ós asistentes.
- Contos, cantares, regueifas e coplas populares para pasar o serán nos arredores da Raíz do Pedregal.
- Unha xornada de paz.