Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As rutas do Monte Pindo volven estar accesibles... cando remata o verán

Rutas do Monte Pindo adecuada
As rutas do Monte Pindo xa peiteadas
As rutas do Monte Pindo volven estar accesibles... cando remata o verán

Moita polémica xerouse este verán a raíz de varios rescates que as forzas de seguridade tiveron que realizar polo mal estado das rutas de sendeirismo. Foron moit@s os visitantes que se perderon este verán polos sendeiros do olimpo celta, xa que non estaban acondicionados.

A Xunta, a única administracións con competencias para operar no Monte Pindo, tiña previsto actuar e limpar os sendeiros entre abril e maio, pero o proceso de contratación quedou baleiro pola baixa temeraria dunha empresa. Os trámites burocráticos (houbo que repetir o concurso…) provocaron que a Xunta non puidese acometer a limpeza ata esta pasada semana (cun contrato 47.330,30€, foi financiado pola Consellería de Medio Rural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal dentro do programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.), provocando así un verán de incidencias, de cortes, de polémica municipal…

Ata o punto de que o Concello de Carnota, que non ten competencias, se propuxo afrontar con gastos propios, por ser un recurso tan potente da comarca, a limpeza dos camiños, pero finalmente se decidiu por esperar.

Agora (máis vale tarde que nunca), tanto a Ruta Circular, cos accesos á Cova da Xoana e a Peñafiel, como as rutas dende o Fieiro e O Pindo, están perfectamente accesibles. Esperan ademais que a partir de agora o mantemento sexa máis efectivo, e non haia que esperar a que os camiños estean tan impracticables que provoquen os sucesos deste verán.

Tendes toda a información das rutas na web do Centro de Interpretación do Monte Pindo do Ézaro.

Novas relacionadas

Comentarios