Segundo rescate en menos de 48 horas no Monte Pindo
Segue acontecendo verán tras verán. O angosto e máxico macizo costeiro segue provocando incidencias, e son moitas as intervencións ás que teñen que acodir os Policías Locais, os membros de Protección Civil de Carnota, Muros ou Mazaricos, Bombeiros de GES de Muros, Emerxencias ou Garda Civís.
Apenas dous días despois de que un grupo de 8 persoas tivese que ser rescatado, onte foi un matrimonio de Pamplona o que solicitaba a axuda dos servicios de emerxencia.
Volvía aconter na zona entre a Cova da Xoana e Peñafiel, unha zona onde “ardiu un dos bosques máis antigos de Galicia, onde as árbores caeron sobre os camiños, e aí é imposible orientarse”. Así nos conta Suso López, un dos dous Policías Locais de Carnota que atenderon, xunto con dous membros do GES de Muros, a emerxencia de onte. “Viñan por mal camiño, pero conseguimos poñernos en contacto, fumos subindo polo lateral de Peñafiel, e conseguimos ubicalos vendo ao lonxe unha camiseta vermella despois de orientarnos con pitidos e berros. Antes de chamar chamaron pelexaron cos toxos, e viñan con moitos rasguños, como o can do Fieiro que se empatou con eles. Conseguimos chegar canda eles e volvendo saltando de pedra en pedra…
Dous camiños ben sinalizados e unha ruta circular non recomendada.
Son máis de 70 os rescates nos que ten participado Suso nos seus 31 anos de servizo. É un dos que vai ensinando aos membros máis novos do GES, os Bombeiros (“hai varios en Cee que si que coñecen que os podían chamar máis”) ou de Protección Civil, os entresixos do labertinto pindexo.
”Está moi ben ir onde non coñeces, pero hai que ter coidado ir con xente que sabe. Aí arriba é fácil perderse, hai zonas onde só hai toxos e pedras”, apunta.
De feito, o Concello de Carnota vén de sinalizar a ruta dende o Fieiro ata a Moa, como a subida á Moa dende o Pindo. Pero existe unha ruta circular que pasa pola Cova da Xoana e Peñafiel que está en moi mal estado, e é moi doado perderse.
As discrepancias sobre a competencia do coidado e sinalización desta ruta (da Xunta, do Concello…) provoca que se sigan sucedendo esta clase de emerxencias.
Rescates no Pindo
- 12-07-21: Emerxencias rescata un grupo de 8 sendeiristas que se perderon no Monte Pindo.
- Xuño 20: A Policía Local de Carnota e o GES de Muros acoden a rescatar unha rapaza que sufrira un golpe de calor no Monte Pindo.
- Agosto 18: Unha persoa tivo que ser rescatada do Monte Pindo.
- Outubro 17: Novo rescate aéreo no Monte Pindo.
- Agosto 2017: Rescatan a unha muller no Monte Pindo.
- Xuño 2017: Segundo rescate no Monte Pindo nunha semana.
- 15-06-17: Rescatan un mozo que se perdeu no Monte Pindo.