Venres. 29.03.2024
El tiempo

Sara Casasnovas: "Síntome parte desta terra salvaxe e poderosa que namora e tolea a partes iguais"

Sara Casasnovas: "Síntome parte desta terra salvaxe e poderosa que namora e tolea a partes iguais"
Sara Casasnovas en Escaravana Unha escena de Escaravana Hai pouco que descubríamos a nova aposta de Sara Casasnovas. Desta volta, diante e detrás da cámara nunha curta realizada na Costa da Morte. Queremos coñecer un pouco máis deste novo proxecto dunha das actrices máis salientables do panorama audiovisual estatal, filla adoptiva da nosa bisbarra.
  • QPC: A ver, que tesnos en ascuas para ver esa tremenda ”Escarabana”. Cando se vai poder comezar a ver?
En outubro está prevista a estrea no marco dun importante Festival que aínda non podo desvelar. Iso determinará o circuito no que se proxecte “Escarabana” antes de ser abertamente compartida. O certo é que ardo en desexos.  
  • QPC: De que vai exactamente, porque parece que non é unha historia de vampiros ao uso, non?
É unha historia de aceptación da propia natureza. É unha fuxida cara adiante que se abastece do suposto vampírico para narrar o eixo dun tempo que volve acontecer.  
  • QPC: Como naceu a idea de poñerse do outro lado da cámara?
Foi por instinto. Decidín dirixir para arrincarme puñais. As pezas que dirixín ata o de agora naceron dunha fonda ferida, dunha dor que é a miña verdade e que pide a gritos ser expresada.  
  • QPC: Como foi a experiencia? Gustouche máis estar diante ou detrás da cámara?
Sinto que se complementan as dúas facetas. Invisibilizarse dunha para mirar a través da outra.  Por fortuna tiene compañeros nos que apoiarme e puiden escoitar, comprometerme i entregarme para vivir o proceso dende a interpretación e a dirección, aproveitando os imponderables do camiño que tamén forman parte da película. 
 
  • QPC: Ademais, fas de mala malísima ou é a impresión do trailer?
jajaj! Paréceche? Eu vexo personaxes con necesidades e carencias. O rol que interpreto posúe un alto grao de ansia, de dependencia e de inadaptación. Non é mala, simplemente fai o que pode. Sara Casasnovas en Escaravana 2 Imaxe vampírica de Escaravana  
  • QPC: Que tal a rodaxe na Costa? Vemos polo trailer que foron rodaxes duras, vendo o tempo que necesitábades…
A cicloxénese que asolou na rodaxe, por exemplo, supuxo cambio de plans, mais isto brindou novas oportunidades á hora de contar a historia. Xogamos nun código onírico e cada ruxido do vento e cada estoupido das ondas da mar batendo nas rochas suman potencia a estos personaxes devastados que case funcionan como un símbolo.  
  • QPC: Que tal a brava Anita? Vai dar moito aínda que falar esta rapaza no mundo da escena, verdade?
Ana é beleza, inocencia e carisma. Como evitar mirala e sorrir agradecida por tela diante? Ela escollerá cara onde quere encamiñar a súa carreira pero fico convencida do seu potencial, da súa humildade e do agarimoso entorno que a rodea. Só podo desexarlle proxectos bonitos para medrar.  
  • QPC: Hai máis actores ou actrices da Costa da Morte?
Brais Leis, que figura como xinete dunha fermosa egua.  
  • QPC: Lémbralles aos nosos lectores por que es filla adoptiva da Costa da Morte?
Un día namorei dun acantilado... é broma. Vivín na zona parte da miña vida e volvo regularmente a ela. Síntome parte desta terra salvaxe e poderosa que namora e tolea a partes iguais.  
  • QPC: E para rematar, cóntanos en que andas metida agora?
Acabo de filmar "A xustiza pola man", unha peza que parte da premisa de como sería Rosalía de Castro nos nosos días. Levaba tempo afondando na figura de Rosalía e no que representa e se me fusionou con momentos vitais delicados e catárticos; de aí vén a historia.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios