Martes. 20.10.2020
El tiempo

Sonlilá celebra o Día da Muller Rural con exposición e faladoiro

Sonlilá celebra o Día da Muller Rural con exposición e faladoiro

A Asociación Feminista Sonlilá conmemora en Carnota o Día das Mulleres Rurais 15 de Outubro cun faladoiro sobre as dificultades que atopan as mulleres no medio rural e unha exposición fotográfica. 

A exposición estará visible na Casa da Mariñeira, onde o mesmo xoves 15 se celebrará un faladoiro aberto ás 18:30h.

Ademais o venres 30 haberá a presentación dun libro.

Por Muxía, nas redes

O Concello de Muxía conmemora o ‘Día Internacional da Muller Rural’ cunha campaña de imaxes nas redes sociais municipais. Búscase con esta iniciativa lembrar a importante contribución que as mulleres realizan no mantemento e progreso dos espazos rurais.

A través do cancelo #MuxíaMullerRural, toda a veciñanza que así o desexe pode subir unha imaxe tanto a Facebook como a Instagram, que debe precisamente reflictir o traballo da muller no rural muxián. A temática pode ser variada, calquera actividade relacionada coa vida no rural, non sendo preciso que implique a realización de traballos agrícolas ou gandeiros, pero si que se aprecie a vida no rural. O prazo para subir estas imaxes a redes remata o vindeiro 19 de outubro.

En Santa Comba

AA.VV. San Xoán de Grixoa Veciños fai este "recoñecemento público para todas as mulleres que fan posible a continuidade e mellora do noso rural".

comentarios