Martes. 16.04.2024
El tiempo

Sonlilá convoca unha xuntanza mulleres en Carnota para ampliar miras

Xuntanza Sonlila
Sonlilá convoca unha xuntanza mulleres en Carnota para ampliar miras

​Continúa agromando o xérmolo feminista pola comarca. Á organización Buserana leva case 19 anos en loita, e estes últimos tempos teñen a compañía de colectivos como As Curandeiras de Vimianzo ou o Círculo Feminista de Carballo.

Este pasado mes de setembro nacía o colectivo de mulleres Sonlilá, que xa ten unha ventaniña en QPC para facerse oír.
Queren medrar e por iso acordaron unha xuntanza, para o sábado 19 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Mariñeira en Pedrafigueira.

A idea é convidar a todas as mulleres que queiran achegarse a coñecer as liñas de traballo do colectivo. Farán unha presentación de todas as socias e falarán das actividades programadas para o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

”Somos mulleres conscientes da opresión e das desigualdades que sufrimos só por ser mulleres. Loitamos por un mundo igual no social, no económico, no cultural... Renegamos do patriarcado. Queremos un mundo máis libre, máis xusto, igual”, deixan claro antes de empezar.

Artigos de Sonlilá en QPC

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios