Stefanía Montagna reflexiona sobre a felicidade na Libraría Chorima

11:06 28/04/23
Este domingo 30 de abril, a Libraría Chorima acolle a charla de Stefanía Montagna. Esta muller do mundo (ten vivido en 12 país e fala 5 idiomas), leva 3 anos vivindo en Carnota. Chegou de vacacións coa súa parella, e decidiu quedar. E aí segue, feliz da vida.
Coach persoal de profesión, quere compartir a súa experiencia cunha charla pensada para reflexionar sobre o concepto de felicidade, baseada en grandes da literatura como Dante, Tolstoi ou Dostoiewski.