Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os microrrelatos gañadores do Certame de Carnota polo Día das Escritoras

dia_das_escritoras
Os microrrelatos gañadores do Certame de Carnota polo Día das Escritoras

dia_das_escritoras

Xa temos gañadoras do Certame de Microrrelatos de Carnota co gallo do Día das Escritoras. Un día que se celebra internacional precisamente hoxe luns 18 de outubro, e que a Biblioteca Escolar do IES Lamas de Castelo, a Libraría Chorima e o Concello de Carnota quixeron celebrar con este certame.

A participación e implicación de centros e alumnado foi máxima, polo que seguro que hai outras edicións.

Aquí podedes ver todos os microrrelatos pero estes son os traballos premiados e a identidade das súas autoras e autores.

Categoría A (1º, 2º e 3º de Educación Primaria): “Un día, a trinta ves que eu cumplía sete anos…”, de Martiño Beiro Vázquez, 2º de EP do CEIP Plurilingüe de Carnota

Un día a trinta ves que cumplia sete anos pensei que desta ves me gustaria ter un dragón rubio de mascota. Tiña que atopalo porque pronto seria de novo un bebe. A vida e asi: eres bebe, neno, adolescente, adulto e vello e volta para atrás asta que eres bebe de pel rosa outra ves. Desta volta quero que me acompañe un dragón.

 

Categoría B (4º, 5º e 6º de Educación Primaria): “A vida de Manolo”, de Paula Lago Trillo, 4º de EP do CEIP Plurilingüe de Carnota.

Un día de primavera o meu veciño, Manolo o “rubio”, estaba sentado á sombra dun carballo. Senteime con el e contoume a historia da súa vida.
Manolo, era moi maior, naceu cando había guerra. A súa familia, como case todo o mundo, pasou algo de fame, non tiña xoguetes. Dende moi pequeno tiña que traballar. Cando era adolescente emigrou á Arxentina onde o pasou moi mal, non coñecía a ninguén. Encontrou un bo traballo, empezou a gañar cartos e viña moitas veces á súa casa. Anos despois coñeceu a Rosa, a súa muller, coa que tivo tres fillos. Agora que é moi maior, ven vivir a Galicia Manolo díxome que o mellor da vida e ser feliz.

 

Categoría C (1º e 2º de ESO): “Eu”, de Raúl París Novo, 2º de ESO do IES Lamas de Castelo

Un día todo vai cambiar... Eu son Raúl un neno do montón. Hoxe fun ao instituto. Cheguei a casa e ao mirarme ao espello, era un adulto, que ían pensar todos? Nadie nota nada raro en min, así que fun mirarme ao espello, seguía sendo un adulto. Solo eu me vía así. Xa é venres, fun a clase e exactamente, nadie me vía raro. Mireime ao espello do baño e seguía sendo un adulto. Ao chegar a casa todo era xigante! Mireime no espello e era un bebé cun gorro rosa e melena rubia. Xa é luns, madruguei e fun ao instituto. Non salín de casa e sigo sendo un bebé. Paseime todo o fin de semana encerrado para que esto parara. Ao chegar á casa do instituto mireime no espello e era un ancián. Empezo a pensar que esta casa esconde algo.
Pero sorpréndeme que o fin de semana non cambiara e seguira sendo un bebé. E o máis raro, que solo eu me vexo así. Pode ser verdade iso de que a idade está na mente.

 

Categoría D (3º e 4º de ESO): “A vida nun instante”, de Mª José Kiernan Pita da Veiga, 3º de ESO, IES Lamas de Castelo, Carnota

Un día verás toda a túa vida ante os teus ollos. Verás o teu cabelo rubio de cando eras bebé e a bicicleta que rompiches de neno. Recordarás os teus estudos e regaños da adolescencia. Sentirás as esperanzas que tiñas de envellecer, mirar atrás e quedar satisfeito. No momento que tes unhas pistola fronte á túa cabeza daraste conta das decepcións e maldades que causaches. Era entón, nesa hora, nese momento que me dei conta daquilo... era o vilán da historia. Esqueceríanme e quedaría sen unha rosa nin un sollozo ante a miña tumba. E non tiña a ninguén a quen culpar, excepto a min.

Comentarios