Venres. 30.10.2020
El tiempo

Un #25N en violeta e En Negro

Un #25N en violeta e En Negro
Exposición de fotos no Centro Finisterrae de Cee Exposición de fotos no Centro Finisterrae de Cee

Chega un novo 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista. Un deses Días, con maiúsculas, que non debería existir, pero que é máis necesario que nunca. Necesario para concienciar, para eliminar todo exercicio de machismo, e toda manifestación violenta contra a muller.

Na bisbarra non somos nin moito menos alleos a esta realidade, e son moitos os Concellos que artellan diferentes actividades. Moitos estudantes tiveron inmersión violeta con actividades, e este venres toca celebralo conxuntamente.

Así, ademais do violenta, a cor habitual desta loita, o negro tingue moitas das actividades.

En Negro, en Zas e Carballo

en-negro-contra-a-violencia-zas

Novedosa é a campaña “En negro contra a violencia” que artella a Deputación e na que se involucraron a tope os Concellos de Carballo e Zas. Por Zas son máis de 100 os escaparates que se tinguen de negro para visibilizar unha problemática. Unha cita que compartirá protagonismo co #VenresNejro de ofertas e filloas na capital baiesa.

En Carballo rondan os 60 os que lucirán distintivos nas súas fachadas e nos seus escaparates con diferentes lemas do tipo “Sempre viva e libre”, “Si é si e non é non”, “Respeto”…

 

As Buseranas, en Cee

25n-buserana

Como sempre, un dos centro da actividade reivindicativa na bisbarra rolda a comarca de Fisterra, onde ten máis presencia Organización Feminista Buserana. A entidade convoca para a xa tradicional concentración do #25N ás 19:30h na Praza 8 de marzo de Cee, ademais de organizar unha exposición no Centro Comercial Finisterrae con fotos de Ana García.

Ademais, o CIM municipal leva realizando charlas polos centros de ensino e fará un parón ás 12:00h para facer unha lectura do manifesto na Praza 8 de marzo.

cim-de-cee-polo-25n

Emprendendo en Mazaricos

Levan traballando toda a semana en Mazaricos sobre a violencia de xénero. Durante a semana, o emprendemento feminino foi o protagonista, con varias xornadas formativas. Este venres toca campaña divulgativa entregando a “Guía de recursos contra a violencia de xénero nos establecimentos municipais. Ademais, o domingo a obra de teatro “As Fillas Bravas” de Chévere traerá á escena unha problemática demasiado habitual.

15167485_1269972799726420_2820609341133152589_o

Exposición en Malpica

expo-violencia-malpica Homes e mulleres de Malpica serán este anos os protagonistas dunha exposición fotográfica que poderá verse a partir do venres no centro Cívico da vila. “Por elas, por nós” é o lema da iniciativa. A exposición consta de 12 fotografías, unha por cada mes do ano, que teñen como protagonistas a homes e mulleres de distintas idades, sectores e parroquias, pero que teñen en común o seu rexeitamento á violencia de xénero. As imaxes son obra de Senén Ínsua Redonda, un fotógrafo que tamén se suma á causa coa súa colaboración desinteresada. A inauguración da campaña “Por elas, por nós” terá lugar o día 25, ás 13 horas, no centro Cívico. Ademais da apertura da exposición por parte do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, está prevista a proxección do “lipdub” gravado o ano pasado tamén coa participación de veciñanza e entidades de Malpica. 25n-en-murps

Andaina e concentración en Muros

Completa xornada organizada polo CIM de Muros. Ás 9:30h sairá dende a Casa da Socieda de Esteiro unha Andaina ata Muros (Organizada polas participantes no Obradoiro de Memoria). Á chegada, arredor das 12:30h, á capital municipal toca Concentración, sempre moi vistosa, na praza do Concello.

Ademais, ao longo destes días levan realizando obradoiros de hiphop con temática de violencia de xénero no IES de Muros e no de Carnota.

Concentración en Muxía

A Concellaría da Muller e o Centro de Información á muller, que forma parte da Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero, convoca a toda a veciñanza a unha concentración para este venres 25 ás 12:00h diante da Casa consistorial, no que se gardará un minuto de silencio e darase lectura a unha declaración institucional por parte da concelleira da muller, Mónica Vilela, para visibilizar a solidaridade da cidadanía de Muxía e homenaxear as vítimas da violencia machista.

Obradoiros en Vimianzo

obradoiros-25n-vimianzo

Se os teus pequenos teñen entre 3 e 12 anos, os pequenos poderán participar nos Obradoiros que organiza o Concello de Vimianzo.

Teatro en Santa Comba

habemus-mama-en-santa-comba

Isabel Blanco e Sabela Hermida representarán a obra Habemos Mama, baixo a dirección de Lino Braxe, unha obra en clave de muller.

Na Coruña

E tamén podemos achegarnos ata á Coruña para visitar a exposición en clave feminina da fisterrá Lucía Costa.

  Novas relacionadas Fonte

comentarios