Martes. 15.10.2024
El tiempo

Un Parque Natural case centenario

Un Parque Natural case centenario

"Como estaría a día de hoxe o Monte Pindo se fose catalogado como Parque Natural no 1917?" Esa é a pregunta que se fan hoxe dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural tras descubrir que por aquel entonces o olimpo carnotán estaba entre os sinalados para integrarse na Ley de Parques Nacionales impulsada un par de meses antes (8/12/1916) por Pedro Pidal e Bernaldo de Quirós.

Era a primeira normativa pensada para a protección dos espazos naturais españois e xa o Monte Pindo ocupaba un lugar preferente e merecedor da máxima protección. Era considerado un dos "sitios notables" que en Galiza optaba ás figuras de Parque Nacional ou Sitio Nacional (que equivale aos actuais parques naturais), dentro dun total de 46 localizacións propostas.

"Desafortunadamente esa protección nunca chegaría a concretarse e desenvolverse, pois de ser asi o Parque Natural do Monte Pindo estaría hoxe a piques de cumprir un século de existencia, co que o panorama sen dúbida sería ben distinto para o noso amado Olimpo Celta", valoran dende a entidade, malia que comproban con gusto que a idea dun Parque Natural no Monte Pindo sexa case centenaria.

Novas relacionadas

Outras novas de interese

Máis novas

Fonte

Comentarios