Martes. 15.10.2024
El tiempo

Un rapaz de Muros e unha rapaza de Carnota reciben o premio extraordinario da ESO

Un rapaz de Muros e unha rapaza de Carnota reciben o premio extraordinario da ESO
Orgullosos andan estes días por Muros e Carnota despois de que dous dos seus veciños, Pablo Monteagudo Lago e Alba Sendón Blanco, recibisen a cualificación máis alta de Galicia na proba dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico 2014/2015. Alba Sendón Blanco estudia no IES Lamas de Castelo, en Carnota. Pola súa parte, Pablo, alumno no IES Plurilingüe Fontexería e membro do clube de atletismo de Noia, tivo unha media nas cualificacións dos catro cursos da ESO de 9,93. Segundo indican dende o centro educativo, a proba estructurouse en dúas partes; unha relacionada coas linguas e outra coa xeografía e historia, matemáticas e unha materia optativa, que no seu caso foi física e química e na que optivo tamén a cualificación máis alta. Ademais do premio económico - 750€ - Pablo Monteagudo contará cunha distinción no seu expediente académico e un diploma acreditativo. Este premio dálle a posibilidade de concorrer aos premios nacionais da ESO. Fonte  

Comentarios