Unha camada e un beagle buscan fogar en Salvalcadelos

08:35 31/10/12
Chégannos hoxe novos inquilinos a Salvacadelos.com, a iniciativa solidaria artellada en QPC e a Clínica Veterinaria Argos de Cee (que por certo xa podedes coñecer a través do seu facebook).

A primeira é esta camada de 3 cachorros de raza mediana. Terán uns 2 meses e xa están listos para ir a un novo fogar.
Ademais, chéganos dende Caldebarcos este fermoso beagle, que un veciño, Jordi, atopou perdido polos montes de Lariño. Está coidándoo temporalmente pero non se pode facer cargo del, polo que a ver se entre todos lle podemos atopar casa.

Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:
- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Novas relacionadas
- A gran loita de Cid en Salvacadelos.
- Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños.
- Nemo volve a Fisterra coas súas Salvadoras.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).