Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Unha cata de viño cos Deuses celtas do Monte Pindo

Unha cata de viño cos Deuses celtas do Monte Pindo
Cata de vino no Monte Pindo

Singular a proposta que artellan para este vindeiro domingo 3 de xullo, dende Carnota. Disfrutar dunha cata de viño do Ribeiro dende o alto da Moa do Monte Pindo, poderá ser un pracer de deuses, de Deuses celtas.

Será esta a proposta do Albergue Portaventosa de Lira, que coa colaboración de Viña Costeira, propón esta subida diferente. A actividade consiste nunha subida guiada o alto da Moa, onde terá lugar unha cata de viños de Viña Costeira.

Unha das acompañantes na subida, a encargada de subir o material, será unha poni chamada Furia. Será unha gran compañeira.

A primeira fin de semana do mes de xullo, coa colaboración de Viña Costeira, Portaventosa promove unha subida o Monte Pindo, na que xs asistentes poderán catar tres variedades de viños Costeira: Viña Costeira Ribeiro, Colección 68 Treixadura e a novidade deste ano, o Viña Costeira Mencía.

Será un evento no que se poderá gozar das marabillosas vistas que ofrece a cima do Monte, e tamén coñecer os seus segredos, ao tempo que se degusta o viño dunha das adegas senlleiras de Galicia. Xa que isto será unha cata, a cantidade de caldo que se ofrecerá por persoa, será reducido, asegurando así que as persoas asistentes realicen a baixada posterior do Monte en perfectas condicións. Os viños que se poderán disfrutar serán iña Costeira Ribeiro, Colección 68 Treixadura e a novidade deste ano, o Viña Costeira Mencía.

A actividade comezará ás 11.00 h, do domingo 3 de xullo, na aldea de O Fieiro (Carnota), punto de encontro dende o que sairán os participantes. A hora prevista de chegada á Moa será sobre as 13.00 h. A cata estará dirixida por Argimiro Levoso, gran coñecedor do viño do Ribeiro. Neste momento a organización ofrecerá, tamén, un pequeno aperitivo. Unha vez rematada a cata, toca xantar no punto máis alto do Monte, para logo descender, estando de volta en O Fieiro sobre as 17.30 h. Cada participante deberá traer a súa propia comida.

Máis información e inscricións

O prezo desta primeira cata de viño do Ribeiro no Monte Pindo, será de 13 €/ persoa para os maiores de idade (cun mínimo de 10 prazas e pendente da meteoroloxía). Os menores de 18 anos tamén poderán realizar a subida co grupo, aboando 5 €/ persoa.
A reserva de praza farase por estrita orde de inscrición, previo pago da cata, no correo electrónico a info[@]portaventosa.es.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios