Martes. 06.12.2022
El tiempo

Unha familia de Panchés tivo que ser ingresada por unha intoxicación por monóxido de carbono na súa vivenda

Unha familia de Panchés tivo que ser ingresada por unha intoxicación por monóxido de carbono na súa vivenda
Cinco persoas, dous adultos e tres menores, foron trasladados onte ao Centro Hospitalario de Cee polos servizos sanitarios de urxencia, tras presentar síntomas de intoxicación por monóxido de carbono na súa vivenda, situada en Panchés. Foi durante a noite do pasado sábado, arredor das 22:30h, cando a familia precisaba atención ao estaren todos cos mesmos síntomas de intoxicación provocados, probablemente, por unha cociña de leña ou unha estufa. Ata o lugar desprazáronse, de inmediato, os axentes da Policía Local e os membros do GES de Muros que, nada mais chegar ao domicilio indicado, fixeron as correspondentes medicións aínda que a vivenda xa fora ventilada polo persoal sanitario.

Información sobre a intoxicación por monóxido de carbono

O monóxido é un gas que se produce por unha combustión pobre en osíxeno, o monóxido non se pode ver nin arrecender polo que pode producir unha morte doce, por envenenamento sin que nos demos conta. Os sintomas que produce no corpo son dor de cabeza, debilidade, mareos, nauseas, vómito, dor no peito e confusión. Recomendamos observar ás lapas, a cor de unha combustión correcta e osixenada é azulada. Ter libres e limpas as rexillas de saída de gases e escoller aparatos que eliminen os gases o exterior. Nunca deixar aparatos que produzcan gases sin a correcta evacuación exterior e sin observación cando vamos a durmir. Se vostede nota estos sintomas, ventile inmediatamente a vivenda abrindo as ventanas, e chame o 112.

Fonte

comentarios