Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: “A Punta Cana levaría as nosas verbenas do verán e o licor café”

Veciñ@s polo mundo: “A Punta Cana levaría as nosas verbenas do verán e o licor café”
Demian Gonzales-De Quilmas a Republica Dominicana Demián Gonzáles. De Quilmas á República Dominicana

Recuperamos con ilusión unha desas seccións que nos levan pola 6ª comarca costeira, a diáspora. Temos estado en México, California, Shanghai, Río de Janeiro, Manchester, Australia, Tenerife, Suiza, Noruega, Barcelona, Nova Iorque ou mesmo temos navegado polos 7 mares.

Hoxe toca facer parada na República Dominicana, onde un veciño de Quilmas vive entre palmeiras e area branca.

Demian Gonzalez -De Quilmas a Punta Cana Demián González, fatal en Punta Cana  
  • QPC: Como te chamas?

Demián González.

 
  • QPC: De onde es?

Son de Quilmas, un bonito lugariño de Carnota

 
  • Onde vives agora?

Agora mesmo ando entre Quilmas, A Coruña e Punta Cana.

 
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?

Eu vivín os últimos catro anos en Punta Cana, República Dominicana, un bonito lugar onde moitos compatriotas pasan a súa lúa de mel baixo o sol caribeño e os cocoteiros. Antes diso vivín uns meses en Barcelona (capital) decidín ir un tempo de vacacións a Punta Cana e quedeime. O seu clima e a súa xente foi a que me fixo quedarme nese paraíso caribeño.

 
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?

Estiven os últimos catro anos residindo alá, agora estou en Galicia por negocios e novos proxectos, xa que estamos promocionando o Galicia Desconto VIP, un lube de aforro onde os negocios da túa localidade che ofrecen vantaxes e descontos exclusivos nas túas compras. Pero teño negocios en Punta Cana, polo que me obrigará a ter que estar indo e vindo regularmente..

 
  • QPC: En que traballas?

Cando cheguei a Punta Cana abrín un ximnasio feminino, de actividades dirixidas. Dábamos todo tipo de clases colectivas, por exemplo: Pilates, Ioga, GAP, Zumba, Aerobic, Bowka, Boxeo, Belly Dance (Danza do ventre), Pole Dance e Pole Fitness, Danza Contemporánea e Jazz, clases de baile (Salsa, en todas as súas modalidades, Merengue e Bachata) entrenamento funcional e entrenamentos persoais. Durei co ximnasio tres anos e logo decidín dedicarme aos entrenamentos persoais a domicilio, centros deportivos, hoteis, etc. Como entrenador persoal estiven durante un ano e fun o entrenador persoal máis demandado do sector, prácticamente todos os altos executivos e directores das cadeas hoteleiras, que case todas son españolas, foron clientes meus. Ao pouco tempo e grazas a estes contactos que tiña dentro da hostalería comecei como respresentante para toda a zona Este do país dunha bebida enerxética natural chamada Go&Fun, a compañía é italiana e eran os patrocinadores oficiales do equipo de Moto GP Honda Gresini, onde corría Álvaro Bautista. A verdade que foi un ano moi intenso pero moi produtivo, coñecín a moitas personalidades importantes e fixen grandes contactos.

Por problemas físicos ao cabo do ano decidín deixar as dúas actividades e dedicarme a outra cousa. Son unha alma inquieta. Fun socio dunha marca de gafas de sol feitas de bambú e totalmente artesanais, e actualmente son socio dunha compañía de publicidade cun amigo meu asturiano, ofrecemos servizos publicitarios, diseño gráfico e web, community manager, etc. ofrecemos servizos a empresas da nosa área, empresas turísticas, discotecas, restaurantes, etc. contamos con un equipo de doce profesionais entre diseñadores gráficos e web, fotógrafos, camarógrafos, community manager... Agora estamos desenvolvendo un produto exclusivo para os turistas que chegan a Punta Cana, pero ainda estamos en negociacións e desenvolvemento.

 
  • QPC: Que é o que máis botabas de menos da Costa da Morte? Tiñas morriña?

O que máis botaba de menos sen dúbida era a gastronomía e as verbenas, a verdade que un bo churrasco e un bo marisco botábase en falta, aínda que nós alá contamos con un restaurante galego, chamado "Casa Galicia" dun bo amigo chamado Jaime. Os de "Galegos polo mundo" e Manolito "O Pescador" de Land Rober, estiveron grabando alí varias veces. íbamos de cando en cando a comer unhas tapiñas de pulpo, empanada e tomarlle unhas 1906, grazas a iso íbase pasando un pouco a "morriña". En canto as festas, pois é moi diferente, un botaba de menos ir ver as orquestas e tamén alguna discoteca mobil como por exemplo a "CDC".

 
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?

Alí tiñamos a posibilidade de ver a TVG, e aínda que non é a mesma programación a maioría dos programas si se ven, os noticieiros son diferentes pero polo menos non perdes o fio. De feito un día tiven a ocasión de ver a meu pai no programa "Grandes Lugares" da TVG onde saiu o Porto de Quilmas.

 
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?

En catro anos non viñera nin una soa vez, fíxoseme moi longo.

 
  • QPC: Que tal embaixador es da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?

A verdade é que todos os galegos somos moi anfitrións da nosa terra, procuro invitar a todo o mundo. Hai algo curioso cos dominicanos, que é que cando falan de España pensan que todo está moi cerquiña, o seu país é relativamente pequeño e todo queda mais ou menos a par de horas de distancia, cando veñen a España, normalmente a Madrid, non saben que hasta Galicia hai un tramo considerable. Algúns que visitaron Galicia son uns namorados dos percebes.

 
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?

A diferencia é brutal, clima, paisaxe, gastronomía, cultura... O que máis te choca é a xente, a positividade que teñen, o bo ánimo que teñen a alegría e o soriso que teñen sempre na cara. Aquí en Galicia noto a xente moi decaída e con pouco ánimo. Cando vas a países así olvídaste de moitos problemas, e realmente aprendes a ser feliz con cousas coma dar un paseo pola praia, ou dándote un baño nas augas caribeñas no mes de decembro.

 
  • QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí? (vale gastronomía, asuntos sociais, éticos, paisaxísticos…)

Se Galicia tivera o clima do Caribe sería o lugar perfecto para vivir, o único que lle faltaría sen dúbida a Galicia sería sol e boa temperatura todo o ano. E para Punta Cana levaría as nosas verbenas do verán e o licor café, alguna vez aparece alguna botelliña e dura pouco.

 
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?

Anécdotas de todo tipo, moitas boas e moitas malas, é un país onde a vida vale ben pouco, e pasáronme situación bastante perigosas, das que me liberei de milagre. Unha anécdota curiosa foi nun bar español en Santo Domingo, estábamos españois de varias partes e eu comecei a falar, e nunha mesa cerquiña había un mozo tomando una cerveza Presidente, e me di: que pasa paisano! Resulta que o mozo era de Vigo, levaba un mes no país, pero o máis curioso era que seu pai era de Carnota e era coñecido de meu pai de cando eran mozos. O mundo é un pano, e anécdotas así miles.

 
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?

Pasoume outra cando tiña o meu ximansio, cheguei as 6:30 da mañá, e iba preparar todo para as primeiras clases, pechei a porta por dentro con chave, pero ao minuto notei como alguén empurraba a porta, cando fun abrir estaba una parella, ela dominicana e él europeo, comezamos a falar e o pouco pregúntame se son galego, ao que lle contesto que son de Carnota e resulta que él era de Muros, primo dun compañeiro meu de cando xogaba ao fútbol. Él é director dos hoteis Palladium, e tamén saiu en "Galegos polo mundo" e con Roberto Vilar en "Land Rober". A comunidade galega é bastante ampla, hai moitos e de moitos lados, normalmente facemos ceas en "Casa Galicia" de forma regular e en San Xoan, facemos a queimada para espantar as meigas.

 
  • QPC: Que plans de futuro tes, Galicia ou Punta Cana?

Volverei a Punta Cana máis tarde do que me gustaría por novos proxectos que estamos desenvolvendo aquí, espero que despois do verán poidamos estar xa de volta alá, o inverno aquí e demasiado adverso e prefiro estar baixo o sol do Caribe, nunha praia de area branca e augas cristalinas cun mojito na man.

Demian Gonzalez en Punta Cana 2  

Veciñ@s polo mundo

Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en [email protected], polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.

Outros artigos migratorios

Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar

Fonte

Comentarios