Vinde ver Carnota por Semana Santa


A Semana Santa de Carnota chega completa completa. Artesanía, feira ecolóxica, charlas, Ruta BTT, e ata reunión de autocaravanas protagonizarán a longa ponte santa.
Sen dúbidas, a I Mostra de Promoción Local Víndemo ver será un escaparate perfecto para coñecer Carnota cunha axenda de catro días pragados de actividades de lecer, cultura e sobre todo promoción dos valores dun concello que o ten todo para converterse nun reclamo nacional.

Coñecendo o Monte Pindo
Tamén estarán presentes os membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Presentarán o sábado 7 de abril ás 17 horas no Salón de Actos do Concello coa Proxección do documental "Sendeiros ocultos: Roteiro á Moa". Posteriormente teremos unha Charla-coloquio cun convidado que forma parte do órgano de xestión dun parque natural galego.
Xa o domingo 8 de abril, toca Subida ao Monte Pindo acompañados por diversos expertos, que partirá ás 10:00 horas do adro da Igrexa do Pindo, e á que está todo o mundo convidado.
Charlas agrícolas

O pobo debatirá sobre a necesidade de revitalizar o agro, unhas das propostas do actual Concello carnotán.
O xoves 5 de abril ás 20:00h, o Salón de Plenos do Concello carnotán acollerá a charla de Mari Carmen Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Unha charla que repasará unha problemática real nos tempos que corre: "A Terra agraria para alimentos ou para enerxía? Por que apostamos?"
Ademais, o venres 6 de abril, ás 20:00h, unha mesa redonda servirá para debatir sobre as diferentes experiencias no ámbito agrario. A primeira experiencia será a que conten os propios Xosé Manuel Casais e Lucía Ferreira, responsables da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas, a primeira cooperativa ecolóxica da Costa da Morte, que leva varios anos en loita.
De contado, será Miguel Méndez, da "Horta Miguel e Lidia", e Pura Seoane, da "Hortesan de Vedra", os que expoñan as súas experiencias na terra.
Novas relacionadas
- A Semana Santa terán o relevo nos Remedios de Lira.
- Carnota amosa a súa artesanía local por Semana Santa.
- As caravanas volverán tomar Carnota.
- Carnota revive o seu agro.
- Quilmas ruxe a ritmo de rock.
- Quilmas abre Novos Horizontes con sementes autóctonas.
- A hostalería de Carnota une forzas para combatir a estacionalidade.
- A recuperación do Camiño das Peixeiras descobre outro Outeiro das Cacholas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).