sábado. 05.07.2025
El tiempo

Volven as Festas para a Ponte do Pilar

Volven as Festas para a Ponte do Pilar

A Axenda Costa da Morte continúa moi viva este mes de outubro. Mércores 12 de outubro, festivo nacional que non pasa desapercibido na Costa. De feito, atopamos 3 citas para estes martes e mércores.

Festas do Cristo do Pindo, Quilmas e A Curra

Fantástica a proposta que levan facendo nos lugares de Carnota de compartir festas. Estes días celébranse as festas destes 3 lugares e así poderán traer o martes a 2 orquestras (Master e Samba) e o mércores a Atenas, para sesión vermú e verbena, ademais de amenizar a mañá a banda de gaitas Longarela.

Festas da Trabe da Pilarica

Pola Trabe, en Tella, Ponteceso, van máis fortes. Nada menos que a París de Noia achegarase á bisbarra, esta noite de martes 11, trala actuación da Aché. Par ao mércores, ademais da procesión coa banda de Música Eduardo Pondal, a sesión vermú e a verbena será coa Troco.

Festa da Xunventude de Olveira

Este martes 12, celebrarase a I Festa da Xuventude de Olveira. Contarán coa discotecamovil CDC. Haberá show laser, gogos, acampada gratis na leira do marcos, e se chove haberá festa da espuma e bar da comisión.

Poden ollar todas estas actividades socioculturais da Costa en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios