Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero

#25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
exposicion-da-buserana-no-centro-comercial-finisterrae Exposición de fotos de Ana García, organizada polas Buseranas, no Centro Comercial Finisterrae de Cee exposicion-da-buserana-no-centro-comercial-finisterrae-2 A Organización Feminista Buserana volve saír á rúa para poñer enriba da mesa unha problemática tan fundamental como a violencia de xénero. Este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ademais das citas de Zas, coa marea de escaparates en negro, e de Carballo, Cee acollerá tamén importantes citas. Así, as bravas Buseranas, convocan a habitual manifestación para este venres 25 de novembro, ás 18.30 h na Praza 8 de marzo de Cee. Na mesma haberá a lectura tradicional do manifesto, e contarán coa poesía de Rocío Leira e a música de Leo KcH, dous dos artistas máis comprometidos da vila da Xunqueira. Os actos están complementados coa exposición de fotografías, cedidas pola fotoxornalista Ana García, no Centro Comercial Finisterrae de Cee, aberta do 21 ao 27 de novembro. 25n-buserana

Malpica

expo-violencia-malpica Homes e mulleres de Malpica serán este anos os protagonistas dunha exposición fotográfica que poderá verse a partir do venres no centro Cívico da vila. “Por elas, por nós” é o lema da iniciativa promovida dende a concellería de Servizos Sociais e Igualdade, que dirixe Marisol Blanco Gorín, pero que implica a distintos departamentos municipais e que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. A exposición consta de 12 fotografías, unha por cada mes do ano, que teñen como protagonistas a homes e mulleres de distintas idades, sectores e parroquias, pero que teñen en común o seu rexeitamento á violencia de xénero. As imaxes son obra de Senén Ínsua Redonda, un fotógrafo que tamén se suma á causa coa súa colaboración desinteresada. Trátase de fotografías en branco e negro nas que se utiliza algún dos elementos presentes para lembrar, cun toque violeta, que estamos a conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A inauguración da campaña “Por elas, por nós” terá lugar o día 25, ás 13 horas, no centro Cívico. Ademais da apertura da exposición por parte do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, está prevista a proxección do “lipdub” gravado o ano pasado tamén coa participación de veciñanza e entidades de Malpica.

Cruz Vermella en Vimianzo

A Cruz Vermella pon o foco na prevención e na coeducación en idades temperás sendo así consciente da importancia de sensibilizar aos mozos e aos adolescentes sobre a violencia machista e a desigualdade de xénero. Así, vén de lanzar a campaña "Cambiemos el ambiente" na provincia da Coruña coa que se pretende visibilizar a desigualdade que sofren as mulleres en todos os ámbitos da súa vida e promover un cambio do modelo de sociedade no que homes e mulleres se impliquen na procura da igualdade. Dentro desta campaña, voluntariado da Cruz Vermella realizará mañá en Vimianzo varios talleres de sensibilización con alumnos de 2º de ESO do IES Terra de Soneira. E o xoves - día de mercado - farán actividades na rúa para sensibilizar á poboación en xeral.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios