Domingo. 23.01.2022
El tiempo

34 afiliados “traizoados” danse de baixa do PP de Cee

34 afiliados “traizoados” danse de baixa do PP de Cee
 Imaxe-dunha-xestora-do-PP-de-Cee-en-2012 Imaxe dunha xunta xestora do PP de Cee en 2012 A semana pasada o PP facía pública unha completa renovación na Xunta Xestora de Cee. Unha decisión que non parece gustar no seo da militancia da zona. De feito, este venres 34 afiliados anunciaban que se daban de baixa do partido ao sentírense “traizoados”, sinalando ademais que son moitos máis os simpatizantes decepcionados pola actuación “unilateral” da Provincial. Manuel Soto Domínguez, un dos máis veteranos afiliados afectados, explica que “non estamos dacodo coa forma de proceder do partido. Despois de que Zaira Rodríguez anunciase que non ía volver a presentarse, non nos deixaron buscar candidato alternativo ao que teñen eles pensados, que aínda que non é oficial, todo o mundo sabe que é Antonio Domínguez, que ollo, fai ben presentándose e se gaña, ben por el. Pero nós queríamos que houbese unha terceira persoa e que houbese eleccións, pero non nos deixaron”. Soto entende “non somos números, non estamos só para pegar carteis e hai que respectarnos, e contar con nós para facer as cousas, e mesmo fomos moitos os que non fomos avisados na última xestora que se organizou”, lamenta. Os ex afliados lamentan que o hipotético novo candidato, Domínguez, “xa dividiu ao partido en 1995 dando lugar a formación de Independientes por Cee, e agora coas súas “boas intencións” volve a facelo”. O propio Domínguez, aludido, asegura que "se tiña algunha dúbida de aceptar ser candidato se é que a xunta xestora mo propón, xa se disiparon todas. E por que digo isto? Pois porque que Manolo Soto se sitúe en contra nosa é a mellor garantía para ratificar que imos polo camiño correcto". Domínguez lembrou que no ano 95, en contra do presidente Romay Becaría, convocou asemblea local en Cee, e só votaron en contra súa 5 persoas, "un deles era Manolo Soto, que marchou cos independientes e formaron IxCee, e que despois volveu co PP cando collimos a maioría absoluta. onde estaba Soto cando elexiron en 2011 o candidato sen asemblea?, pregúntase.   O presidente da xestora local Moncho Iglesias, lembra que aínda non se sabe quen é o candidato, polo que "paréceme moito correr". "Eu coñézoo a todos, amigos da maioría, e estou tratanto de falar con todos para que o PP non se rompa". En todo caso, entende que "o proceso vaise facer como se fixo no 2011, pois quen ten potestade é a Provincial". Ademais, apunta que "aínda temos un ano por diante..." Ambos representantes populares manifestaron as súas dúbidas sobre o número de afiliados que se deron de baixa. "Quero ver eses nomes", sinalaba Domínguez.  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios