Xoves. 25.04.2024
El tiempo

436 obras marcan un fito no Concurso de Achegamento ao Libro do Concello de Cee

436 obras marcan un fito no Concurso de Achegamento ao Libro do Concello de Cee

Damos conta hoxe do resultado dun novo Concurso da Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” do Concello de Cee. Concursos que teñen como obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos da nosa Comarca canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude. como destaca o técnico cultural do Concello, e colaborador histórico desta casa, Víctor Castiñeira, un dos armadanzas destas propostas xunto ao Responsable da Biblioteca, Xosé Ramón Rey Senra.

Se xa coñeciamos aos vencedores do Concurso de Pintura, hoxe facemos o propio co "XXI Concurso Literario de Achegamento ao libro", que este martes 16 de maio celebraba a súa entrega de premios.
Un Concurso que se compaxina coas actividades culturais polas Letras Galegas, que xa comezaban hai unha semana coa visita de Miro Villar, Concha Blanco e María Canosa aos pequenos alumnos ceenses, ao tempo que os centros educativos tamén se inundan nun mar de verbas.

Ademais, o Concurso deste ano bare marcas, pois o número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano, constituíron a maior participación nos vinteún anos de historia destes certames ao contabilizarse un total de 436 traballos, repartidos do seguinte xeito:

  • 1º Ciclo de Primaria: 35 obras presentadas.
  • 2º Ciclo de Primaria: 58.
  • 3º Ciclo de Primaria: 126.
  • 1º Ciclo da E.S.O.: 13.
  • 2º Ciclo da E.S.O.: 24.

Ademais, os outros certames, de Achegamento ao Teatro e de Marcapáxinas tamén foron ben acollidos, e contaron con 18 obras presentadas o primeiro, e nada menos que 162 marcapáxinas. Tíñao difícil para escoller o Concello ceense.

Gañadores do "XXI Concurso Literario de Achegamento ao libro"

  • A obra gañadora do 1º Ciclo de Primaria foi: “O País de Non Letras” de Julia García Traba, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • Recibindo accésits as obras:
    - “Os contos de Iria” de Xiana Lago Andrade, do C.E.I.P. A Igrexa-Brens.
    - “Aventuras en follas de cores” de Julio Regueiro Montero, do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee.
    - “O libro lingoreteiro” de Paula Santos Lemus, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “Unha letra traviesa” de Ainhoa Trillo Atán, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “O reino fantástico” de Uxía Piñeiro Lago, do C.E.I.P. do Pindo.
    - “O libro misterioso” de Yassin David Bensghir Ronquete, do C.E.I.P. do Pindo.
    - “O bosque encantado” de Aalyah Louro Rodríguez, do C.E.I.P. do Pindo.

  • A obra gañadora do 2º Ciclo de Primaria foi: “Don Z e Don , (coma)” de Clara de Ramón Ayala, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • Recibindo accésits as obras:
    - “Xan e os libros” de Iria Varela García, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “O diccionario” de Inés Vázquez Santos, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “O libro de nunca acabar” de Gisela Suárez Vázquez, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “Loli e a landra” de Paula Ézara Trillo, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “A viaxe, o conto que nuca existiu” de Carmen Romero Sendón, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

  • A obra gañadora do 3º Ciclo de Primaria foi: “Un mundo de aventuras” de Estela Areas Pérez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • Recibindo accésits as obras:
    - “Un gran descubrimento” de Carmen Ramón Fernández do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “O tempo depende de min” de María Agulleiro Casais, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “A excursión do libro”, de Álvaro Valiña López”, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “Un libro falador” de Iria Trillo Charlín, do C.E.I.P. de Dumbría.
    - “A cidade dos libros” de Mirian Castro González, do C.E.I.P. do Pindo.

  • A obra gañadora do 1º Ciclo da E.S.O. foi: “Perdida no tempo” de Teresa Lago Caamaño, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • Recibindo accésits as obras:
    - “A min cheirame a recordos…” de Diana Haz Iglesias, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “A maxia dos libros” de Fátima López López, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “Unha historia de piratas” de José Manuel Bermúdez Piñeiro, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

  • A obra gañadora do 2º Ciclo da E.S.O. foi: “Un mundo agochado nunha folla en branco” de Ainhoa Conde Castro, do “I.E.S. Agra de Raíces” de Cee.
  • Recibindo accesit as obras:
    -“Viaxe ó centro dos libros” de Laura Beiro Ézara, do “I.E.S. Agra de Raíces” de Cee.
    - “Unha vida nun libro” de Paula Castiñeira Iglesias, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “Cachos de anacos de trozos de pedazos” de Paula Vázquez Castiñeira, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

XIII Concurso Literario de Achegamento ó Teatro

  • A obra gañadora foi: “Historia dunha historia narrada noutra lingua” de Diana Haz Iglesias, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • Recibindo accésits as obras:
    - “Bos días mundo” de Ainhoa Conde Castro, do “I.E.S. Agra de Raíces” de Cee.
    - “Negraneves”, de Vanessa Costa Pequeño, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “O dúo de papóns” de Ismael Gándara Landeira, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “O conto ó revés…” de Carmen Ayala Lago, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

VIII Concurso "En busca do noso Marca-páxinas"

  • A obra gañadora foi: “Alimenta a túa imaxinación” de Irimia Pérez Sánchez, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • Recibindo accésits as obras:
    - “O mundo xira ao redor dos libros” de Sandra Soneira Vieites, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “Abreme, a sorpresa está dentro”, de Ainhoa Conde López, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
    - “A lectura comenza xa” de Alex Lagoa Duarte, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
    - “O libro faime compañía” de Noemí Calvo Quintela, do C.E.I.P. A Igrexa-Brens.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios