Xoves. 10.10.2024
El tiempo

5 edís de IxCee de 2015, incluída a candidata Pilar Iglesias, pasarán polo Xulgado por un posible caso de prevaricación administrativa

  • Última hora: Suspéndese o xuízo oral convocado para este mércores pola folga de xuíces e a petición dunha declaración por videoconferencia non respostada a tempo.
Camola Díaz, Ramón Vigo e Pilar Iglesias nunha Festa dos Maiores-Foto-Rafa Quintás
5 edís de IxCee de 2015, incluída a candidata Pilar Iglesias, pasarán polo Xulgado por un posible caso de prevaricación administrativa

Xa hai un ano que recibiron a citación xudicial por unha denuncia de Margarita Lamela por unha obra realizada en 2015. E terán que pasar a declarar esta semana, 8 anos despois e a apenas 2 meses das eleccións municipais do 28 de maio, no marco da apertura do xuízo oral. Pasará pola Audiencia Provincial da Coruña o ex alcalde Ramón Vigo, así como os 4 edís de Independientes por Cee que o acompañaban na xunta de goberno daquel 2015: a actual candidata do partido Pilar Iglesias, Camola Díaz, Juan Bautista Areas “Candiño” e Yolanda García Leal.

A Fiscalía pide 12 anos de inhabilitación por un delito de prevaricación administrativa na obra de mellora da Rúa Rosalía de Castro, por unha suposta adxudicación irregular a unha empresa vimiancesa.

Non nos sorprende porque estamos acostumados a que antes das eleccións saian estas cousas”, reflexiona Pilar Iglesias. “É curioso que hai un ano que nos chegou a citación para declarar xusto esta semana… cando o recibín doume a risa”.

”O que piden só é inhabilitación para sufraxio pasivo, para que non poida opresentarme, como no seu día pasou con Ramón”, sentenza Iglesias.

Novas relacionadas

Comentarios