Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Absoltos os 6 implicados na Operación Orquesta

Imaxe do xuizo da Operacion Orquesta
Imaxe dos 6 implicados no xuízo da Operación Orquesta
Absoltos os 6 implicados na Operación Orquesta

Oito anos e medio despois daquela redada no Concello de Cee aló por xaneiro de 2011, a Operación Orquestra acaba de quedar pechada. A Audiencia Provincial acaba de publicar a absolución dos últimos 6 implicados, os da separata de Cee, despois de ir absolvendo ao logo dos anos aos outros 20 implicados dos concellos de Fisterra, Mazaricos e Corcubión.

Unha resolución que xa se albiscaba despois de que a Audiencia declarara nulas as escoitas, nas que se baseaba boa parte das acusacións, ademais dos rexistros realizados por "conexión de antixuricidade". Unha nulidade que acaba cun proceso xudicial longuísimo, por deficiencias técnicas no procedemento.

De feito, o auto remite aos erros da Fiscalía recollidos na resolución de marzo, e arremete contra o xuíz instrutor, Lago Louro, por non ter engadido a primeira escoita a Jorge López a esta instrución, ademais de criticar as numerosas aprobacións das prórrogas das escoitas.

Deste xeito, sen as escoitas, a Fiscalía non puido probar que Ramón Vigo falsease facturas, fracturas obras, cobras mordidas ou ofrécese contratos públicos a cambio de pagar as verbenas da Xunqueira, deixando absoltos a todos os implicados de todas as imputacións, sendo a máis importante a do ex alcalde de Cee, para o que pedían un total acumulado de 21 anos de prisión e 47 de inhabilitación.

Caso aparte merece a absolución de Candiño, para o que a Fiscalía pedía un ano e medio de prisión baseada na confesión de ter recibido "prestado", segundo corrixía nunha sesión, un sobre de 12.000euros de Ogando. A Audiencia considera que a proximidade temporal do proceso xudicial, anulado agora, coa detención, exime a validez da declaración.

 

Repaso completo á Operación Orquesta

As ESCOITAS da Operación Orquesta

Comentarios