Domingo. 05.05.2024
El tiempo

5 prazas dispoñibles para o FP Dual de Automatización e Robótica Industrial no IES Fernando Blanco

IES Fernando Blanco no Congreso FP Innova
Alumnado do IES Fernando Blanco no Congreso FP Innova
5 prazas dispoñibles para o FP Dual de Automatización e Robótica Industrial no IES Fernando Blanco

Desde o IES Fernando Blanco informan que hai 5 prazas dispoñibles en 1º curso do CS de Automatización e Robótica Industrial (Dual) que se ofertará no IES Fernando Blanco no curso 2023/24.

Con este ciclo apréndese a desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

Toda a información está dispoñible na web do Fernando Blanco ou chamando ao 881880467.

Comentarios