Mércores. 09.10.2024
El tiempo

880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee

880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee

O pasado luns 3 de outubro comezaron as diferentes escolas e actividades deportivas deseñadas dende o Servizo de Deportes Municipal do Concello de Cee e coa colaboración dos diferentes clubs deportivos do municipio para o curso 2011-12.

Nada menos que 880 inscritos son os que xa iniciaron o curso, e iso que aínda non se contabilizaron aos cursos de natación, iaoga, pilates... que se desenvolven no complexo deportivo municipal "Piscina Municipal de Cee".

Estas son as actividades nas que participan os veciños ceenses:

Actividades-escolas para a poboación infantil

  • E.D.Fútbol Sala: 60 nen@s nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. (a partir dos 6 anos).
  • Educación Física de Base: 25 nen@s (4-7 anos).
  • E.D. Patinaxe "Club Patín Xunqueira Cee": 50 nen@s (5-12 anos).
  • E.D. Baloncesto "ACB Costa da Morte": 25 nen@s.
  • E.D. Fútbol "SRD Unión Club Cee": 70 nen@s.
  • E.D. Taekwondo Federado "Club Arte e Movemento": 80 nen@s.
  • E.D. Taekwondo ITF "Club Cee Deportes de Contacto": 30 nen@s.
  • E.D. Baile Deportivo "Club Arte e Movemento": 85 nen@s.

Total nenos inscritos: 425.

Actividades-escolas poboaci´pon adulta

  • Ximnasia mantemento adultos en Cee: 20
  • Ximnasia mantemento adutos en Brens: 25
  • Ximnasia mantemento adultos en Toba: 10
  • Ximnasia mantemento adultos en Pereiriña: 10
  • Actividade física para maiores de 65 anos: 40
  • E.D. Taekwondo Federado adultos "Club Arte e Movemento": 10
  • E.D. Taekwondo ITF adultos "Club Cee Deportes de Contacto": 30
  • E.D. Baile de Salón adultos "Club Arte e Movemento": 70
  • Liga fútbol sala sénior CEE "A.D.C. Brens": 240 (20 equipos 1ª e 2ª)
  • Total adultos inscritos: 455.

    Visitas culturais

    Pero tamén hai tempo para a cultura na vila da Xunqueira. E se non que llo pregunten aos 13 alumnos dun dos grupos de 1º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee visitaron, que na mañá do pasado xoves, visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco, o cal conta co patrocinio do Concello de Cee e de FerroAtlántica.

    I é que xa comezou o curso e comezaron tamén as visitas escolares ó museo, onde os rapaces recibiron unha detallada visita guiada polas instalacións. Nos vindeiros días está previsto que máis grupos do IES Agra de Raíces repitan visita.

    Novas relacionadas

    Comentarios