Venres. 19.04.2024
El tiempo

5 equipos de Cee e Dumbría comezan a campaña na máxima categoría do volei galego

5 equipos de Cee e Dumbría comezan a campaña na máxima categoría do volei galego

Esta fin de semana dará comenzo a Liga Galega de voleibol nas diferentes categorías, nas que haberá representación da nosa zona en todas, agás na xuvenil masculina.

O Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee participará un ano máis na Liga Galega Infantil, tanto masculina como femennina. Os rapaces debutarán a fin de semana do 15 e 16 cun dobre enfrentamento ante o Santa María del Mar de A Coruña e o Emevé de Lugo.
O obxectivo desta formación será o de acadar o pasaporte para a disputa do Campeonato Galego e mellorar o terceiro posto acadado nos dous anos anteriores.
Pola súa parte as rapazas afrontan unha tempada de transición no que a meirante parte do plantel son alevíns. O obxectivo é a permanencia e a mellora do equipo para anos vindeiros. O mércores 12 de outubro debutarán fronte o Noia.

>O Voleibol Dumbría competirá na máxima categoría galega con dous equipos cadetes e un xuvenil femenino. Os rapaces intentarán colarse no Campionato Galego, e xogarán o seu primeiro partido o sábado 15 fronte o Santa María del Mar.
Pola súa parte mentre as rapazas tratarán de consolidarse na categoría, xa que o equipo xuvenil debutará este ano na Liga Galega. Ambas formacións debutan este domingo na casa fronte o Zalaeta de A Coruña, as cadetes ás 11:00 e as xuvenís ás 12:30.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios