Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os relatos gañadores do certame de Buserana polo #25N

25N en Cee premios
Os relatos gañadores do certame de Buserana polo #25N

No marco da concentración celebrada esta pasada noite en Cee polo #25N, e coa idea de rematar cunha mensaxe de esperanza, a Asociación Feminista Buserana facía entrega das gañadoras do II Concurso de microrrelatos Buserana.

Na categoría escolar a gañadora foi Irene García Naranjo, de 15 anos co seu relato “Hoxe foi bo”.

Na categoría absoluta o texto escollido foi “Asfixia”, enviado por Ariadna Castro.

Aquí os deixamos.

”Asfixia”, de Arianda Castro

Claridad. Abrumadora, cálida. Alegría, fulgor nuevo y excitante. Idílico, milagroso. La ama... y eso es suficiente. La eligió entre otras, y eso parece suficiente.

Mañanas níveas. Caricias hipnotizantes, inesperadas. Sorpresa, espanto. Invade sus pliegues. Miedo. Él es lo mejor que le ha pasado. Lo consume el deseo. Salvaje. “Es su naturaleza”, se convence. Sale el sol. Está donde debe. Para satisfacer sus deseos.

Mediodía nublado. Control, oscuro, animal. Lágrimas que se mezclan con gritos. Falló. Lo hará mejor la próxima vez.

Tardes lluviosas. Amor inexorable. Deshace, hiere, corta. Es su culpa. Cómo pudo ser tan estúpida. Plegarias a ras de suelo. Golpe.

Noches de tormenta. Se inunda y se empaña, se enreda y se esconde, tiembla y calla. Animal escurridizo. Ella es impropia. No lo merece. Vacío, demencia. Destrozada, sucia y rastrera. Puta. Él se aseguró de que así lo creyera.

Oscuridad. Asfixia. Demasiado tarde. Se hunde en un mar de odio. Busca subir y nadar y poder llegar a la superficie. Tormenta y sangre. Un auxilio de socorro. Hueco, pesado, duro. Las profundidades son negras y en ellas se ahoga.

Ojalá no comprendieras esta historia.

Pero lo has hecho. La conoces.

Todos la matamos. La sociedad la asesinó.

-Dickinson.

  • Arianda Castro.
 

”Hoxe foi bo”, de Irene García Naranjo

Aínda estaban mollados os seus temblorosos dedos, despois de limpar as bágoas dos seus ollos. De xeonllos, coa cabeza agachada, recollía lentamente os restos da torta e da porcelana. 

Como cada día, ela non sabe a razón do seu enfado. Xamais lle fala normal, a súa voz convertérase nun berro constante e as súas mans, fai anos, transformadas en puños dañinos.  Hoxe ela quería sorprendelo, xa que era o seu aniversario. Levaba semanas preparando o seu regalo. Un regalo que el estrelou contra o chan nada máis tocar as súas mans. Ela queríao, e intentaba que,a pesar de todo o que fixo, tivera un bonito aniversario. El xa o celebrara cos seus amigos. Unha triste sorpresa para ela, que se esforzaba para que o seu amor perdurase, sen ningún resultado. Só vía como lle berraba, día tras día, por calquera erro, por máis pequeno que fora, xa era un motivo de discusión. Ás veces soamente por estar, por existir. 

El volve marchar, e ela, encollida sobre o frío chan, pensa que polo menos hoxe non lle pegou. 

Hoxe foi bo, hoxe tivo sorte.

  • Irene García Naranjo.

 

Novas da Buserana

Comentarios