#8M: Buserana convoca a súa obrigada concentración e invita á reflexión

Trala súa implicación na cadea humana de Carnota, as mulleres da Organización Feminista Buserana non faltarán á súa cita na Praza 8 de marzo de Cee. Como é costume, convocan unha concentración para este mesmo martes día 8 de marzo as 20:30 no centro da vila.
Será unha concentración para a reflexión e a interacción, “porque nos queda moito camiño que andar para acadar a igualdade efectiva e real nas nosas vidas”, explican. E precisamente para ir convidando á reflexión nos últimos seis días veñen de publicar nas súas redes sociais cada día unha viñeta cun motivo para seguir loitando. As viñeras son da @curuxatriste e están acompañadas dunha frase que non deixa en ningún caso lugar a dúbidas: a loita ten que continuar, o 8M está cheo de sentido.
A entidade tamén anima á participar na Concentración "laboral" convocada pola CIG o mesmo martes ás 12:00h diante do Concello.
Crónicas do 8M
Axenda do #8M
- Vimianzo: #8M: Vimianzo propón a creación dun CIM.
- Carballo: O Círculo Feminista de Carballo volve á rúa polo 8M.
- Carballo: #8M: Libros, obradoiros e unha charla con Vázquez Taín en Carballo.
- Coristanco: #8M: Coristanco, “chanzo a chanzo cara a igualdade”.
- A Laracha: #8M: (R)Evoluciona Laracha.
- Camariñas: #8M: Exposicións, actividades co alumnado, deporte e moita reivindicación en Camariñas.
- Corcubión: #8M: Un roteiro polas “Pegadas da Muller” de Corcubión .