mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Asociación Pedras Miúdas denuncia a discriminación por parte do Concello

A Asociación Pedras Miúdas denuncia a discriminación por parte do Concello

A Asociación Cultural, Recreativa e Educativa “Pedras Miúdas” de Lires queren facer público o seu malestar polo que entenden "discriminación que sofre a nosa entidade no Concello de Cee". Así que sen máis, dámoslle voz á entidade e mais ao teniente alcalde:

Carta de Pedras Miúdas

Somos unha agrupación que naceu no ano 2008 coa idea de levar a cabo actos de tipo recreativo, cultural e educativo para favorecer a participación e unión de todos os veciños interesados. Dende entón, e contando coa colaboración dun número cada día maior de socios (actualmente incluso de lugares de fóra da parroquia, e mesmo do concello) véñense desenvolvendo de forma regular diferentes actividades: clases de baile e música tradicional, festivais de Nadal, xornadas ecolóxicas para a limpeza da praia, xornadas de entretemento para cativos e de xogos populares …

A pesar de ter en activo un grupo de baile e música galegos que implican a máis de corenta persoas, o Concello de Cee ata o momento non contou connosco en ningún dos eventos que se puideron levar a cabo nestes case cinco anos de vida da Asociación.

Por outra parte, cada ano preparamos unha Xuntanza Folk. Desta vez, seguindo os pasos da previa, meses antes do evento contactamos co Concello para pedir a carpa. CINCO DIAS ANTES da festa negáronnos a súa concesión, aludindo que non tiñan sacado unha ordenanza municipal que regulara o seu uso. CINCO DÍAS DESPOIS, a mesma carpa, sen ordenanza municipal, foi concedida ós veciños doutra localidade co único compromiso de teren un seguro de responsabilidade civil, o mesmo que nós levamos pagando dende o inicio. Da mesma maneira, tamén dependeu de nós o acondicionamento do lugar no que se celebrou o evento a pesar de que o día anterior persoal do concello estivo limpando, tivemos que dedicar a mañá e parte da tarde a sacar a maleza e varrer todo o que deixaron pendente.

Por todo o relatado queremos manifestar a nosa desconformidade co Concello de Cee, esperando que isto supoña un cambio de actitude de cara a impulsar o coñecemento da cultura tradicional ou de todas aquelas actividades de tipo recreativo/educativas que se poidan levar a cabo para enriquecer intelectualmente a todos aqueles que abertamente queiran participar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da ACDR Pedras Miúdas.

Comentarios