Martes. 08.10.2024
El tiempo

A banda ancha chegará a Cee en novembro

A banda ancha chegará a Cee en novembro

Canto tempo levamos a agardando a chegada da banda ancha á Costa da Morte?! Moita autovía, pero parece que seguimos sen decatarnos que as infraestruturas da comunicación van moito máis alá do asfalto, e que unha boa comunicación por internet a través de fibra óptica pode ser tan beneficioso para a zona que unha nova estrada. E moito máis barato.
Entrementres seguimos peleándonos co cutre mega que chega pola maioría da bisbarra (se chega e cando chega...) e cos 3 que en algunha vila se poden intuir.

Pero parece que o cambio está por vir. Falamos esta semana co operador galego R, que nos explica como vai o despregamento da rede de R na Costa da Morte. I é que a día de hoxe, e sen ter liña propia (isto é, alugando a liña a Movistar) na Costa da Morte, preto de 2.800 fogares e empresas son clientes de R, máis de 2.000 deles no municipio carballés, iso si.  

Así, nestes intres xa hai 18.575 fogares e empresas dos concellos de Carballo, Cee, A Laracha, Malpica de Bergantiños e Vimianzo (aínda non hai previsións para Carnota e outros concellos do sur da bisbarra) preparadas para recibir os servizos avanzados de R e o obxectivo é chegar, a medio prazo, a 25.177 fogares e empresas da bisbarra.
A meirande parte son dos Concellos de Carballo, Malpica e A Laracha, pois xa se inclúen no grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración (NGAs) que o operador galego está a despregar en toda a comunidade autónoma dentro das accións do Plan de Banda Larga da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia. Ademais, hai que engadir a este grupo arestora a localidade de Vimianzo, cun milleiro de persoas que xa poden conectarse ás redes de nova xeración.

 

Falando en clave de futuro, está previsto que 3.263 fogares estean preparados para conectar banda ancha no Concello de Cee para novembro deste 2012.
Entrementres, os Concello de Corcubión e Fisterra terán que agardar ata mediados de 2013.

   
CONCELLOPREVISIÓN DE FOGARES E EMPRESAS AOS QUE SE VAI PREPARAR PARA RECIBIR OS SERVIZO DE RFOGARES E EMPRESAS XA PREPARADOSINVESTIMENTO REALIZADOINVESTIMENTO TOTAL A MEDIO PRAZO
Carballo14.75812.8529,0110,04
Cee3.263novembro 20120,463,62
Laracha2.7362.3032,022,32
Malpica3.4552.6441,972,40
Vimianzo9657761,051,64
Corcubión e Fisterra--xuño 2013----
Total25.17718.57514,5220,01

Axudas da Xunta

O Plan de Banda Larga da Xunta preve facilitar o acceso a Internet vía satélite ao 6% dos galegos que non poden dispoñer deste servizo a través doutras tecnoloxías e nun programa de axudas para que as microempresas do rural implanten as TIC no seu modelo de negocio. Investirá para iso 2,4 millóns de euros en 3 anos.
Poderán solicitar estas axudas cidadáns, pemes e entidades sen animo de lucro que non dispoñan de acceso de banda larga, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de R.

Comentarios