Venres. 19.04.2024
El tiempo

30 anos do Concurso de Achegamento ó Libro da Biblioteca de Cee

MarcaPaxinas Biblioteca Cee 2022
Imaxe do MarcaPaxinas gañador do certame
30 anos do Concurso de Achegamento ó Libro da Biblioteca de Cee

Jose Ramón Senra Rey xa enviou a todos os centros de ensino da comarca a carta de presentación e as bases que rexerán o XXXII Concurso de Achegamento ó Libro e do Concurso "Na Procura do Noso XIX Marcapáxinas". Certames que un ano máis convoca a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee.

Faino ademais cun orgullo especial, pois o certame de “Achegamento ao Libro” chega a súa 30 e dúas edición. Senra Rey agradece a colaboración dos centros, que a día de hoxe teñen enviado 7.838 os traballos aos diferentes certames. A Biblioteca agradece tamén a colaboración de Imprenta Paco de Cee por facer gratuitamente os nosos marcapáxinas, tal como leva facendo os últimos dezaseis anos.

Este ano, Senra Rey expande os agradecementos a Guadalupe Vázquez Formoso, por doar 34 exemplares da súa obra “Voa, Saltarín ata a Fin da Terra”, libros que serán entregados aos gañadores e concursantes que acaden accésits nos diferentes concursos.

Certame

Ao igual que en anos anteriores, destacar que nesta edición tan só poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, e que a dotación económica dos premios iguálase en todas as categorías; por outra banda, volvo a pedir a todos os participantes a obriga de cumprimento coas bases dos diferentes concursos, facendo fincapé coas que fan referencia á presentación dos traballos, que deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o 10 de abril, ou enviar por correo ordinario, antes da devandita data.

Novas relacionadas

Comentarios