O marca-páxinas da Biblioteca de Cee espállase polos centros de ensino

Xa son 18 os anos que a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” reparte, polos diferentes centros de ensino e centros sociais do Concello de Cee, o marca-páxinas gañador do XVIII Concurso “En busca do noso marca-páxinas”.
Este ano, a gañadora é a obra realizada por Antón Sambade Vázquez e que leva por título “Ler, ler e ler é meu superpoder". Do marca-páxinas gañador (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 2.500, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do certame.
A entrega deste pequeno agasallo faise para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca e artellados por José Ramón Senra Rey, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros.
Novas relacionadas
- Maio 22: A Biblioteca Francisco Mayán entregou os premios escolares de achegamento á cultura.
- Novembro 21: O Marcapáxinas de Azara xa percorre Cee.
- Maio 21: A Biblioteca de Cee falla os gañadores dos 30 anos de certames literarios.
- Decembro 2019: A Biblioteca de Cee xa ten o seu Marca-páxinas na rúa.
- 2019: A Biblioteca de Cee xa ten os seus escolares gañadores dos concursos de Achegamento ao Libro e Marcapáxinas.
- Maio 18: A Biblioteca de Cee xa ten gañadores dos seus Certames Literarios.
- Maio 2017: Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados.
- Maio 2016: Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee.