Guadalupe Vázquez voa do Pindo a Lires
Segue a escritora costeira Guadalupe Vázquez espallando os seus libros sobre o pequeno Saltarín. Esta pasada semana levou o "Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra!” ata a Escola de Lires, cunha presentación onde todos os nenos presentes participaron activamente e que tivo unha excelente acollida.
Un evento que contou coa colaboración da Asociación Cultural Pedras Miúdas, en especial a Serxio Domínguez, e que abre a porta a novas presentacións pola comarca.
Materializada en arte a lendaria figura da Raíña Lupa
Ademais, a escritora foi protagonista doutra fermosa historia. A fermosa Raíña Lupa feita por Ali Vava – Alicia Vázquez – e Sven, artistas que transforman o lixo mariño en arte, sérvelle a autora para acompañar á novela publicada recentemente, Conto de Quilmas, ou o seu conto Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo / Giant Steps, Little Grasshopper, on Mt. Pindo the End of the World!.
Novas relacionadas
- A Raíña Lupa volveu ao Olimpo Celta.
- Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.