![Así quedou a casa de Camiños Chans]()
Así quedou a casa de Camiños Chans
Entrou con forza a borrasca Hugo na Costa da Morte a primeira hora da tarde de onte, venres. Ata o punto de que se formaron varias mangas mariñas de pequeño tamaño, que afectaron sobre todo á ría de Corcubión.
En Corcubión afectou a unha árbore frente a Correos e seguiu en liña recta afectando a mobiliario urbano e algun muro lindante.
Máis grave foi a cousa en Cee, cando a manga (que non soen tocar terra), provocaba a rotura dun tellado en Camiños Chans, Cee. O dono avisou ao seguro que se fará cargo dos danos, e afortunadamente non houbo danos materiais.
Curiosamente foi a estación meteorolóxica de Malpica a que rexistraba ás 17:10 o refacho máis forte da comarca e un dos 5 máis fortes de Galicia, con 109 km/h.
![]()
O vento provocaba ademais a rotura de ventás, valados retorcidos e unha farola a punto de caer. Os Bombeiros procederon a retirar parte da farola, procederon á sinalización da posible caída do valado da cancha polideportiva de Camiños Chans e fixeron
a limpeza dos cristais escagallados pola rúa. En canto ao teito da casa o dono xa tiña avisado ao seguro que se facían cargo onde non houbo danos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).