A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador


Segue dando que falar o problema laboral ca concesionaria da piscina municipal de Cee. Leva meses a CIG denunciando o acoso da empresa a varios traballadores e ex traballadores e hoxe vén de anunciar que vai emprender accións legais contra a empresa Aquacenit e o director da instalación de Cee.
Denunciara o sindicato concretamente varias acusacións realizadas contra o exdelegado de persoal e anterior técnico de mantemento das instalacións da concesionaria, nas que ademais esixirán unha rectificación pública por parte da empresa. Consideran que as acusacións de sabotaxe son "falsas" e só "pretenden agochar as carencias técnicas das instalacións".
Lembran, nese sentido, problemas semellantes acontecidos na piscina de Outes, xestionada polo mesmo grupo de empresas e acabando en rescate da concesión por parte do Concello.
Recordan que o delegado da CIG xa denunciou no seu momento as deficiencias na xestión, reincindindo na gravidade de temas santiarios, que logo de máis de 6 meses non recibiron contestación das administracións.
A CIG lamenta tamén que nos últimos despedimentos, a empresa non cumprira aínda o acordo xudicial na súa totalidade, polo que pide á inspección de traballo unha revisión, ao tempo que sinala que estes feitos só provocan unha maior precariedade laboral e un detrimento da calidade do servizo.
Novas relacionadas
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
Fonte
- Nota de prensa de Xabier Santos Canosa, responsable da Unión Local da CIG-Cee.