Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio

A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio
25N en Cee contra a violencia de xenero

25 de novembro de 2012, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e a Costa da Morte celebrou, coma sempre, a devandita data. Unha data de loita, como a tivo que demostrar a sociedade costeira perante o tempo. I é que o temporal forzou a suspender varias actividades, como a Andaina camariñá do sábado, ou a saída do alumnado do IES Terra de Soneira á praza do Concello durante o sábado.

Así e todo, veciños e traballadores do Concello vimiancés si que saíron á praza na mañá do venres para sembrar ese "xardín onde non medran as malas herbas", unha pequena mostra simbólica e artística da conmemoración deste día.

Pero o grande centro das acciós reivindicativas, e que serven para dar máis visibilidade a un problema evidente, tiña lugar este mesmo sábado na Praza 8 de marzo de Cee. Un lugar idóneo, unha vez que o 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora, que compaxina con este 25N as actividades da única asociación feminista da bisbarra: a Organización de Mulleres Buserana.

Foron as bravas mulleres da Buserana as que convocaban a concentración, na que se puideron ler lemas como "Respéctame" ou o que era protagonista este ano: "O silencio perpetúa a violencia", unha declaración contundente que critica o silencio, sempre cómplice, dos que poidamos vivir nalgún momento arredor dun suceso de violecia de xénero sen denuncialo. Unha mensaxe que tamén quedou clara na proxección de curtas que artellaba a Buserana o xoves no IES Fernando Blanco.

Numerosas persoas de toda a bisbarra achegábanse a Cee a gardar un minuto silencio, desta si, para berrar ben alto en contra da violencia. Todas escoitaron o manifesto da Buserana e puideron escoitar os nomes das 49 mulleres que morreron no que vai de 2012 a mans das súas parellas ou ex parellas. Unha cifra contabilizada pola Buserana pois nas listas oficiais non soen contabilizar as mulleres que morren 2 ou 3 días despois dunha malleira. Igual que os nenos, pois tamén foron 5 os meniños asasinados no que vai de 2012, entre eles, os mediáticos, Ruth e Jose.

25N en Cee-Boa acollida na concentracion de Buserana 25N en Cee

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios