A Costa da Morte manifestou a súa repulsa á posta en liberdade da Manada

08:44 25/06/18

A posta en liberdade dos membros da Manada era recibida en todo o país cunha radical contestación. Na bisbarra, os dous colectivos femininstas convocaban sendas concentracións en repulsa o pasado venres.
Pode Cee, á chamada das Buseranas acodiron, ademais das incondicionais de sempre, personalidades como Carme Adán, Tereixa Paz, o alcalde de Vimianzo Manolo Antelo, ou a filósofa e poeta Rebeca Baceiredo... Foi unha concentración moi intensa, con comprometidos discursos sobre o machismo patente que existe no mundo xudicial, reiterando a súa repulsa ás idea de "NON É ABUSO. É VIOLACIÓN e de "Se é machismo, non é xustiza”, como xa fixeran en abril, cando saíu a sentenza.



Novas relacionadas
- Compromiso=Presuposto. Buserana artella unha mesa informativa sobre o incumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
- Ata a Costa da Morte se manifesta contra a sentenza xudicial á “Manada”.
- #8demarzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza ca nunca.
- Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?.