Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés

A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés
Premios Nordes 2015

A Casa da Cultura de Cee acolleu a XV edición dos premios Nordés. Centos de persoas entre os que estaban un bo número de alcaldes, representantes de diferentes asociacións e importantes empresarios da bisbarra déronse cita o pasado xoves 19 para arroupar aos galardoados.
O momento máis emotivo, como é habitual nesta gala, foi coa entrega do Premio Nordés un galardón especial ao marxe do resto de categorías que recolleu un emocionado Pazos de Merexo que só foi capaz de dicir gracias, logo falou como el mellor sabe coa música do seu acordeón facendo que todo o auditorio se pusera en pe aplaudindo varios minutos. Pazos contou tamén coa sorpresa da mensaxe en video de Kepa Junkera felicitandoo polo premio e disculpándose por non poder asistir ao estar en plena xira.

Os primeiros en recoller o seu premio foron os galardoados co premio Nordés do Deporte Amador Vidal e Francis Lema, actuais Campións de España de Rallies de Terra, algo pouco habitual pola volta, que se mostraron orgullosos do recoñecemento na sua terra e agradeceron o premio mostrándonos un video resumen dos mellores momentos vividos no campeonato.

A continuación Xosé María Lema Suárez recolleu o nordés da Divulgación que quiso compartir cos membros do Seminario de Estudos Comarcais, fixo unha defensa do Galego e un chamamento a unir forzas para que a Costa da Morte deixe de ser unha zona deprimida. Podedes ler as súas verbas no seu blog www.costadosolpor.blogspot.com.es.

Logo chegou o premio Nordés dos emprendedores que recaeu na empresa Buceo Finisterre que aproveitaron para pedir máis facilidades burocráticas para os que intentan abrirse paso no mundo empresarial ademáis de recordar o potencial ainda por explatar do fondo mariño do Finisterre.

Miguel de Lira recolleu o Nordés das Artes feliz por recibir un premio da radio que escoita cada vez que visita a su terra. Alabou a Casa da Cultura e pediu a recuperación da mostra de teatro da que dixo situaba a Cee no mundo.

O Nordés da audiencia foi para o fotógrafo Marcos Rodíguez que llo dedicou ao recentemente falecido José Rey Aneiros, a primeira persoa que lle mercou unha foto.

A Gala, conducida por José Manuel Mira, tivo tamén unas pinceladas de humor coa participación da Angustias, persoaxe que tódalas semanas fai rir aos ointes do programa Vivindo a Costa da Morte. Pero o protagonista da noite foi o acordeón cun recordo ao colaborador de Radio Nordés Manolo González falecido este pasado ano, e tamén coa actuación de Fernando Fraga quen presentou un par de cancións do seu disco Folcromías e logo como fin de festa a dúo con Pazos de Merexo.

Premio Nordés 2015: Pazos de Merexo

A súa personalidade xunto coa destreza co instrumento fan aos seus 90 anos sexa admirado por musicos da talla de Xurxo Souto, Brais Maceiras ou o gran músico Vasco Kepa Junkera, co cal chegou mesmo a facer a sua única gravación de estudio. Tal é a paixón que Junkera sente por Manuel que veu facer a presentación oficial do seu último disco a Merexo.

Por ese amor a terra, aos sons da nosa bisbarra e por facer que xente de toda España cando pense en acordeón, se acorde de este músico autodidacta que puxo ao seu pobo no máis alto da música folk, este premio é máis que merecido.

Premios Nordes das Artes: Miguel de Lira

Actor, director e productor, así como membro fundador de Chevere, a compañía gañadora do premio nacional de teatro 2014. Na televisión Acadou a popularidade co seu papel de Currás na exitosa serie Mareas Vivas, no cine participou nun bo numero de filmes como O lapis do carpinteiro ou mais recentemente na adaptación do clásico de Eduardo Blanco Amor “A Esmorga”, Pelicula que ven de acadar cifras record nas salas galegas.

Premio Nordés da Divulgación: Xosé María Lema Suárez

Doutor en Historia da Arte, Catedrático de Xeografía e historia de ensino secundario, e membro correspondente da Real academia Galega así como presidente do seminario de estudios comarcais da Costa da Morte.
Xosé María leva anos divulgando as maravillas da Costa da Morte con infindade de publicacións propias ou colectivas sobre arte relixioso, pazos, batáns, horreos, faros, dólmenes e até de Futbol. Unha inxente recopilación de datos detrás da que hai una impagable labor e un exhaustivo traballo de investigación.

Premio Nordes do Deporte: Amador Vidal e Francis Lema

Actuais campións de España de rallies de Terra, na edición máis competida dos últimos tempos, enfrontándose a prestixiosos pilotos como o gañador do París-Dakar Naní Roma, os Campeóns del Mundo Xavi Pons e Benito Guerra. Fito que non conseguía un galego dende 1985 logrando un obxectivo que xa se lle resistira en varias ocasións.
Resultado do talento do piloto e copiloto e do traballo profesional do equipo de ARV Racing club de Pasarela onde ademais do seu Volswagen Polo preparanse moitos outros coches que rodan nos rallies de toda España.

Premio Nordés dos Emprendedores: Buceo Finisterre

No 2006 Alicia e Fernando puxeron en marcha a primeira escola de mergulladores da Costa da Morte e empezaron a mostrarlle aos turistas e aos vecinos da bisbarra o noso espectacular patrimonio subacuático. Dende o primeiro momento fixeron gala duna gran sensibilidade co patrimonio submarino, colaboran con prestixiosos investigadores, colaboran en proxectos e estudos internacionais, descubrindo pezas únicas e mostrándonos a todos que o patrimonio existente no fondo da nosa costa ten un potencial ainda incalculable.

Premio Nordés da audiencia: Marcos Rodríguez

Os votos da audiencia decidiron que este ano merece un premio nordés un fotógrafo. Un artista que en poucos días vai saber si unha das suas fotos e galardoada como a mellor do mundo na sua categoría. sen lugar a dubidas unha das persoas que mellor mostra a nosa terra, e sobre todo o noso mar, en calma ou en alerta vermella, as praias, os cantís, os coidos e as xentes da Costa da Morte. Un premio a un fotógrafo no momento no que máis fotos se fan de toda a historia, xa que todos levamos unha cámara no peto. Precisamente Marcos reivindica a sua profesión fronte ao actual intrusismo masivo, faino nas redes sociais onde ten miles de seguidores pero sobre todo faino coa calidade de cada unha das suas fotografías

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios