A Costa da Morte vai de compras aos centros comerciais da Coruña


Ben sabido é que a veciñanza da Costa da Morte vai a miúdo á Coruña de compras. A creación de diferentes centros comercias na entrada da cidade dende a nosa bisbarra fai ademais que non nos faga faga adentrarnos nos atascos.
Dolce Vita, Marineda City, Espacio Coruña... aportan unha ampla oferta comercial e de ocio a toda a nosa veciñanza, que xa escolle a cotío pasar tardes enteiras nun centro destas características.
Bus gratuito ao Marineda City
E para facelo máis fácil, Marineda City Ocio & Shopping infórmanos de que porá un servizo de autobús gratuíto desde Cee para visitar el centro este mesmo luns 29 de agosto. O autocar de Arriva sairá a las 10:00h da estación de autobuses de Cee e regresará de Marineda City ás 20:00h.
Para reservar praza é necesario chamar previamente ao 881 965 334. Esta promoción está dirixida a maiores de 18 anos, polo que os menores deberán ir acompañados dun adulto.
Novas relacionadas
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- Este 1 de agosto comezaron as obras da Autovía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa de Marineda City.