A Costa onde morre o sol envía 1000 grullas ao país do Sol Nacente

A Costa da Morte acolle este sábado 2 de abril unha visita moi especial. A xaponesa Makiko voará coas súas 1000 grullas, manchadas de chapapote e de radioactivactividade, ata "un pobo pequeno, pero co corazón grande, chamado Cee".
A iniciativa solidaria co seu país naceu tralo terremoto do pasado 11 de marzo, e a resposta dende todo o mundo está sendo espectacular. Xa van case que 2.000 as grullas de papel que os internautas lle teñen mandado ao seu blog, e que Makiko vai engandindo. Ata unha exposición ten realizado coas Grullas de papel, ademais de participar en numerosos medios como radio3 para presentar o seu proxecto.
Makiko quere achegar a realidade que vive o país nipón nestas datas á Costa da Morte, tendo en conta que a referencia do sol pode ser algo que nos une a ambos mundos, e se ben Xapón é a terra do Sol Nacente, a Costa da Morte é a terra onde morre o sol.
Esta embaixadora moral da catástrofe nipona quixo coñecer a "comarca, o Finisterre, onde saben o que é vivir catástrofes. Como a do Prestige, que en 2002 encheulles as praias de petróleo", recoñece.
E o fai da man de varios xaponeses que pasaron aquí meses limpando as nosas costas. "Na comarca do Finisterre non esquecen a Tomohiro, ou a Daisuke, que alí foron desde Xapón, para axudar a limpar". De seguro que non, e se non que llo pregunten a Sole Méndez, que xa artella unha homenaxe completa a aqueles voluntarios do Prestige que estiveron pola vila do Cristo.
Cita en Cee
Así, este sábado, a partir das 17:00h, o Centro Comercial Finisterrae acollerá a visita de Makiko e de varios profesores de origami para que quen queiran unirse aprendan a realizar estas figuritas, que para os xaponeses significan tanto. I é que as grullas xa vedes que non deixan de ser figurinas de papel.
Os nenos que participen serán "recompensados" cunha sesión de cine gratuíta, o sábado seguinte.
Como se fai unha grulla
Las 1000 grullas from Makiko Sese on Vimeo.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do CCF.