mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Escola de Teatro de Cee estrea esta fin de semana a obra dirixida por Artur Trillo "Tartufo"

A Escola de Teatro de Cee estrea esta fin de semana a obra dirixida por Artur Trillo "Tartufo"

Esta fin de semana, a Escola Municipal de Teatro de Cee estrea a súa nova montaxe: "Tartufo". A obra, a partir do texto de Moliere, coa dirección de Artur Trillo, poderemos vela no Salón de Actos do Concello este sábado 18 e domingo 19 de xuño, a partir das 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 13 anos e a taquilla estará aberta desde ás 20.00 horas.

Os prezos serán moi populares: 1 € para pensionistas e 2 € no caso da entrada xeral.

Baile no Centro Social

Ademais, este domingo 19 de xuño, o grupo de teatro de Brens presenta a súa obra “Os diamantes” dirixida por Toño Casais, na casa de Cultura de Brens ás 20.00h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios