A Escola de Teatro de Cee púxose de longo na casa
07:58 28/06/17
A posta de longo da Escola de Teatro de Cee - Foto-María Lago Graíño
Espectacular acollida que tiveron os membros da Escola de Teatro de Cee que dirixe Artur Trillo. O pasado domingo era a posta de longo, coa estrea da obra “O médico a paos” na casa, no Salón de Actos Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.
Aí estiveron os Tito Rodríguez, Belén Lado Oues, Rosa González, Martín Dono, Serxio Domínguez, Iván Rodríguez, Mª Carmen Rañó, Pablo García, Inés Fraga, Carmen Lago, Mª Belén Lema Conde, Rosa González, Amancia Trillo, Dana Rodríguez, J. Tomás Arias e Martín Dono Mujico. Levan dende outubro ensaiando esta obra de Moliere adaptada polo director ceés.
Agora xa lles toca descansar ata o vindeiro curso.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).