Luns. 13.05.2024
El tiempo

A Escola Infantil de Cee abríu ás portas aos pais e aos monicreques

A Escola Infantil de Cee abríu ás portas aos pais e aos monicreques
Estiveron atentísimos os pequechos á sesión de marionetas na Gardería de Cee

Abriu as portas a a Escola Infantil Municipal de Cee o pasado xoves. Os pais e as nais puideron ver por dentro a Gardería e disfrutar tanto coma os seus fillos. Aló estaban, encantados da vida os pequenos alumnos, atentos como nunca ás actividades artelladas en cada aula de xeito simultáneo.

Houbo de todo, dende unha obra de monicreques chamada "A granxa de Bimba", onde todos os animais conviven en igualdade, contaron un conto, e os peques ensináronlle aos pais as cancións que aprenderan para rematar dándolles un agasallo para demostrarlles o moito que os queren.

Pero o máis importante, era abrilas portas da gardería e ensinarlles os pais como é por dentro este centro de ensino. Para que estean tranquilos, coñezan mellor ás mestras e aprendan que na casa tamén hai que educar.

Xa pensan, pequenos e maiores, na cita do vindeiro 2 de maio co Tic Tac Town, que ser desenvolverá no pavillón municipal de 10:00 a 14:00h.

Sesion de marionetas noa Garderia de Cee Xornada de portas abertas na garderia de Cee Os pequenos agasallaron aos seus pais na Xornada de portas abertas na Garderia de Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios