A Factoría de Innovación leva hoxe a Santa Comba a súa dinámica emprendedora
Tras pasar por Cee, entre outros puntos, hoxe luns, día 17 de marzo, ás 20:30 horas, celebrarase no salón de actos da Cooperativa Xallas de Santa Comba, unha xornada informativa da Factoría de Innovación da Coruña, promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Diputación da Coruña; e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
Durante o encontro presentarase aos empresarios locais o Programa de Adestramento Individualizado da Factoría de Innovación da Coruña, no que poderán participar 101 pemes, e o amplo programa de actividades en aberto que desenvolverá na provincia de A Coruña, co obxectivo de promover a consolidación da cultura innovadora entre o tecido industrial galego.
Programa da Factoría de Innovación en Santa Comnba
- 20:15h. Registro de asistentes.
- 20:30h. Bienvenida.
- 20:45h. Ponencia: “Vender más y mejor: el reto de innovar”. Mónica Citores. Responsables Oficina Técnica FDI_Coruña.
- 21:15h. Ponencia: “Innovar en la FDI_CORUÑA. Apúntate”. Julio Sánchez. Consultor FDI_Coruña. Oficina Técnica del Proyecto.
- 21:45h. Networking.
Taller de Ideas
Ademais, chega tamén a Santa Comba a Iniciativa Xove, o Programa da Dirección Xeral de Xuventude onde os mozos poden presentar proxectos ideados por eles e destinados a eles. Cunha financiación de ata 4.000 euros, onde che adiantan o 80%. Recordan que os mozos de entre 18 e 30 anos non teñen a obriga de pertencer a ningunha Asociación, poden presentarse coma Grupo Informal, e acceder igualmente ás axudas.
Así este vindeiro venres 4 abril ás 20:00h, haberá un Taller de Ideas no Museo Terra do Xallas. Nesta xornada, os informadores da Dirección Xeral colaboran coa OMIX de Santa Comba, para fomentar este programa pioneiro en toda España.
Novas relacionadas
- Camariñas aprende en Suecia como fomentar o emprendemento na mocidade.
- Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
Fonte
- Factoría de Innovación.