mércores. 30.04.2025
El tiempo

A fotografía invade Lires cun Rally Fotográfico e unha exposición histórica

A fotografía invade Lires cun Rally Fotográfico e unha exposición histórica
lires-rally-fotografico

O vindeiro día 15 de decembro a Asociación Recreativa, Cultural e Educativa Pedras Miúdas vai levar a cabo o seu primeiro Rally fotográfico. O rally farase no lugar de Lires, dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas. Partirase da praza de enriba das Eiras, onde se darán as indicacións oportunas, e rematarase nas inmediacións da praia, cun percorrido de aproximadamente 2 km. Os temas a fotografar no rally serán: Paisaxes, arquitectura, fauna e flora.

Cabe citar que se poderá participar en tres categorías distintas e haberá un trofeo para os gañadores de cada unha delas, as categorías son as seguintes: Infantil (ata os 14 anos), compacta, Réflex. Por último, os que desexen inscribirse deben facelo na seguinte dirección de correo electrónico fotolires@gmail.com, indicando os seguintes datos: Nome e apelidos, Número de teléfono de contacto e Categoría na que se vai concursar.

Lires na memoria

Por outra banda, a ARCE Pedras Miúdas inaugurará o día 15 de decembro a exposición fotográfica “Lires na memoria”, será ás 13:00 horas, ao remate do Rally fotográfico. Nesta exposición traerán ao presente, dende o pasado, imaxes de persoas, festexose mesmo tarefas cotiás da parroquia de Lires para reconstruír así unha parte da nosa historia. A exposición estará aberta ao público durante o Nadal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Pedras Miúdas.

Comentarios