![premios-fundacion-fernando-blanco]()
A Fundación Fernado Blanco de Cee repartiu 690€ en premios
O
museo Fernando Blanco de Cee acolleu o pasado sábado o acto de entrega de premios do IV concurso de Debuxos e do V concurso de Relatos Curtos - organizados pola Fundación ceense - coa colaboración da Deputación da Coruña e da
estación de servizo Bazarra de Cee. Os premios foron entregados polos membros do Padroado da Fundación, así como por Julio López, xerente da estación de Servizo Bazarra. Entregáronse un total de 12 premios nas distintas categorías dos dous concursos, valorados en 690€. O xurado estivo composto por Darío Areas - coordinador do Museo -; Víctor Castiñeira -t écnico de Cultura do concello de Cee -; e José Ramón Rey - técnico da biblioteca Francisco Mayán -.
Premiados
Dentro da
categoría A do IV concurso de Debuxos, que era de centro de 1º e 2º de primaria, o primeiro premio foi para Pablo Alejandro Pérez de Oliveira, do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee. O premio consiste en material didáctico valorado en 50€ máis un diploma. O segundo premio - material didáctico valorado en 40€ máis diploma - foi para Jonathan López Pérez do CEIP O Areal de Camariñas. E o terceiro - material didáctico valorado en 30€ máis diploma - foi para Lucía Caamaño Crespón, do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee.
O 1º premio da
categoría B (3º e 4º de primaria) do IV concurso de Debuxos foi para Miguel Barrúl Iglesias, do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos que que consistiu en material didáctico valorado en 50€ máis diploma. O 2º premio desta categoría foi para Alejandro Ferrío Ayala, do CPR Manuela Rial de Cee mentras que o terceiro foi para Alba Mourelle Costa do CEIP Labarta Pose de Baio.
O sábado tamén se entregaron os premios do
V concurso de relatos cortos. Dentro da
categoría A (5º e 6º de Primaria), os premiados foron Yaiza Otero Caamaño (do CEIP Santa Eulalia de Dumbría), Yago Regueira Bugallo (do CEIP Labarta Pose de Baio) e Marina Calo Bujeiro (do CEIP Eugenio López de Cee), que acadaron o 1º, 2º e 3º premio respectivamente.
Dentro da
categoría B do V concurso de relatos cortos (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) o primeiro premio foi para Paula Pérez Trillo, do IES Fernando Blanco de Cee, e que consisitiu en 100€ máis diploma. Noa Lema Rial, do IES Maximino Romero de Lema de Baio, obtivo o 2º premio consistente en 75€ máis diploma. Mentras que o terceiro premio foi para Aridia Lema Costa, do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee.
Novas relacionadas
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco