A Fundación Fernando Blanco entrega os premios académicos 2015-2016
08:10 30/09/16
O acto de entrega terá lugar mañá no salón de actos do IES Fernando Blanco de Cee
Antes do inicio do Mes da Fundación - que arranca mañá cunha conferencia sobre a arquitectura da man de de Carlos Quintáns Eiras - a Fundación Fernando Blanco de Cee fará a entrega dos V Premio Académicos correspondentes ao curso 2015-2016. Este acto terá lugar mañá, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco de Cee.
Tanto a Fundación como o IES pretenden con estes premios recoñecer o traballo dos alumnos e alumnas así como recuperar unha tradición histórica da Fundación Fernando Blanco xa que no regulamento do colexio-insituto publicado no ano 1886 establécese a necesidade de entregar recompensasaos mellores expedientes de cada curso.
As notas dos premiados e premiadas desta edición oscilaron entre o 8,50 e o 9,64. Un dos requisitos para optar ao premio foi ter todas as asignaturas aprobadas en xuño cunha nota mínima de 8,5 e matricularse no IES Fernando Blanco para o presente curso.
Premiados
Cada un dos premios está valorado en 500€ - 220€ en metálico e 280€ en vales de compra doados polos establecementos colaboradores. Paula Trillo Fandiño, de 3ª da ESO; Iria Pose Lagoa, de 1º de bacharelato; Marcela Corbelle López, tamén de 1º de bacharelato; Virginia Santiago Santalla, de 1ºdo ciclo medio de xestión administrativa e Samuel López Iglesias, do 1º ciclo superior de administración e finanzas son os alumnos e alumnas premiadas.
Ademais do patricinio de FerroAtlántica e do concello de Cee, a Fundación Fernando Blanco de Cee conta coa colaboración da Deputación da Coruña e de varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte e Parques e Xardíns Manuel García) para facer posibles estes premios académicos que xa van pola súa quinta edición.
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (VI)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
Máis novas
- Arrinca o Mes da Fundación cunha conferencia sobre a arquitectura
- Conferencias, música, monólogos, obradoiros e conta contos protagonizan o Mes da Fundación
- QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco de Cee